Nota de prensa
XXVII FEIRA DO BONITO – 6 de Agosto de 2011
Programa de actos
Pola mañá
11:00 h. IV XOGOS DA COSTEIRA: Xogos tradicionais coa participación de peñas e colectivos , baseados na temática pesqueira.
14:00 h. SESIÓN VERMÚ: aperitivo musical para entrar en ambiente de festa
Pola tarde
18:30 h. RECEPCIÓN de autoridades e convidados no Barco-Museo “Reina del Carmen” e IZADO da BANDEIRA AZUL no propio barco
PRESENTACIÓN DA FEIRA
Nomeamento de Asador Maior da XXVII FEIRA DO BONITO
Nemesio Domínguez Quiroga
Nomeamento de Colaboradora de Honra da XXVII FEIRA DO BONITO
Rosamari Basanta Castro
Entrega de premios do concurso de carteis da XXVII FEIRA DO BONITO
Categoría A (deseño programa): Carla Rodríguez Ares (6 anos)
Categoría B (deseño cartel): Marisel Balseiro Blanco
19:00 h. PREGON a cargo de
José Manuel García
Director e condutor do programa “Come e Fala” da Radio Galega
DEGUSTACIÓN DO BONITO, presentado en varias especialidades (cocido, en empanada e asado á grella), acompañado de pan, viño … e música
Serviranse racións sen glute, pensadas especialmente para persoas celíacas
21:00 h. VERBENA
ORGANIZA: Sociedade Cultural Recreativa LEDICIA
COLABORAN
Concello de Burela
Deputación de Lugo – Vicepresidencia Primeira
Consellería de Cultura e Turismo – Secretaría Xeral para o Turismo
Armadores de Burela, S.A.
Confraría de Pescadores “San Juan Bautista”





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



