Nota de prensa
FUENTE PARGA ASEGURA QUE O PROXECTO DO GASODUCTO ESTARÁ EXPOSTO AO PÚBLICO ATA O 5 DE SETEMBRO. OS AFECTADOS QUE ACUDIRON AO CONCELLO RECIBIRON TODA A INFORMACIÓN POSIBLE. O REXEDOR RECALCOU QUE BARREIROS TENTARÁ MINIMIZAR AO MÁXIMO O SEU IMPACTO NO MUNICIPIO.
Barreiros, 9 de agosto de 2011. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, asegura que o proxecto do gasoducto estará exposto ao público ata o vindeiro 5 de setembro e que xa foron moitos os veciños que acudiron ao Concello a interesarse por este documento. Fuente Parga dixo que os afectados recibiron toda a información posible e que o Concello tentará minimizar ao máximo o seu impacto en Barreiros. Ademáis criticou o dobre discurso do Bloque Nacionalista Galego.
O rexedor explicou que “desde o día 12 de xullo que se recibiu ese proxecto no Concello e despois de que o 16 se publicase na prensa a relación de propietarios afectados foron moitos os veciños que pasaron polo Concello e recibiron toda a información posible. Nós contabamos con ese documento para información medioambiental e Patrimonio e non para expoñer ao público”. Fuente Parga subliñou que “o proxecto para informar os veciños chegou a Barreiros o pasado venres, 5 de agosto, a última hora e desde onte está exposto ao público. O BNG está informando mal á xente cando lle di que o prazo para presentar alegacións remata o 16 de agosto cando ese prazo conclúe o 5 de setembro”.
O alcalde barreirense dixo que “varios veciños pasaron estes días polo Concello, viron o proxecto e se lles facilitou toda a información, incluso a través dun documento interno do Concello se lle ensinou, se lles fixeron copias para que poidan presentar as alegacións correspondentes, se lles deron as direccións onde teñen que acudir…”. Alfonso Fuente asegurou que “o BNG de Barreiros recolleu onte unha copia do proxecto do gasoducto, un proxecto que se pode consultar na recepción do Concello e tamén no despacho do alcalde”.
Fuente Parga manifestou que “se trata dun proxecto que parte do Ministerio de Industria, é un proxecto estatal e precisamente a Xunta de Galicia acaba de declarar a súa incidencia supramunicipal e o que máis me sorprende é que o gasoducto pasa por todos os concellos da Mariña e curiosamente o BNG fala de deixadez en Barreiros. Eles teñen un dobre discurso que se confirma con estas cousas. O gasoducto tamén pasa por Ribadeo e eu non vexo que o BNG de Ribadeo fixese reunións para informar aos seus veciños. Eu creo que o alcalde de Ribadeo, ao igual que eu en Barreiros e os alcaldes de Foz, de Burela, de Cervo, de Xove ou de Viveiro, o que facemos é informar aos veciños, o proxecto está a exposición pública no Concello e a calquera veciño que se interesa se lle informa e se lle facilitan todas as cousas”.
O rexedor engadiu que “nós contestaremos e de feito xa está preparada a resposta con respecto á información medioambiental e patrimonialmente de cómo nos afecta no noso concello. Evidentemente tamén deixamos aberta a posibilidade de poder modificar o trazado nalgúns casos, sendo conscientes de que pode ser difícil que eso se mova. Hai que partir de dúas premisas, son varias cuestións a ter en conta, por exemplo non pode tocar solo urbano e non pode partir núcleos rurais, entón con esas premisas tense que ir confeccionando o trazado do gasoducto”. E lembrou que “ese trazado se fai desde Madrid e nós como unha autovía ou como unha liña de alta tensión, temos que ver que impacte o mínimo posible, pero temos que ser conscientes de que é un gasoducto para dar servizo a todos os cidadáns da Mariña e á pranta de Alcoa, que a día de hoxe emprega a uns 1.600 traballadores, e tenlle que chegar esa enerxía, que vai ser máis económica que outras”.
Pleno
Fuente Parga non ten inconvinte en abordar esta cuestión no vindeiro pleno municipal, tal e como demandaba nas últimas horas o BNG, “e o posicionamento do Concello é claro, nós o que queremos é minimizar o impacto en Barreiros e que afecte da menor forma posible aos veciños. Tendo en conta que pasa por fincas rústicas e que o aproveitamento das fincas vai ser igual, é decir a xente que ten a finca a prado vai poder seguir empregándoa así, queda cunha afección, cunha servidumbre de paso permanente, onde nós e así llelo dixemos aos veciños… mira ésta é a parte que che collen durante as obras, é unha ocupación temporal, ésta é a superficie de servidumbre permanente e éstes son os metros lineais afectados. E eu estou convencido que durante a obra se poderá falar coa empresa para que se poida acercar a lindes de parcelas e que non as cruce polo medio, salvo naqueles casos nos que non quede máis remedio”. O alcalde de Barreiros lembrou que “cando aquí se trazou a autovía pasou polos montes, pero houbo algunhas fincas que quedaron afectadas, os propietarios reclamaron as cantidades que lles correspondían e eso é o normal. Está claro que non vai ser o Concello de Barreiros o que se opoña ao paso do gasoducto, senón que sabemos que vai pasar por todos os concellos da Mariña e o que tentaremos será minimizar o seu impacto”.
Socorristas
O rexedor barreirense tamén se referiu hoxe aos rescates que estes días fixeron os socorristas fóra do seu horario laboral. Alfonso Fuente destacou “a profesionalidade e o traballo destes rapaces. O ano pasado se consensuou este horario con eles e se informa a todos os bañistas do mesmo porque así nos obriga Bandeira Azul a decir desde qué hora ata qué hora están. Teño que alabar a profesionalidade deles nestes rescates que fixeron que non houbera ningunha desgracia. E si estamos falando de rescates fóra de horario precisamente é porque son rapaces responsables, están antes na praia e si ven que hai moita xente se quedan tamén despois. Non me queda máis que agradecerlles o seu traballo”. O alcalde pídelles aos bañistas que “sexan consecuentes con eses horarios e que colaboren cos socorristas e coas indicacións que éstes lles dan cando impiden o baño ou cando recomendan bañarse a unhas horas e non a outras. Sempre hai casos que deciden meterse na auga cando non hai socorristas, pero aí están para trabal























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



