Nota de prensa
A Deputación impulsa por 2º ano consecutivo a Festa do Marisco
– É a cita gastronómica de promoción da Mariña, promovida por “El Progreso” en colaboración coa institución provincial, Concello de Cervo e empresarios da costa lucense
– Logo do éxito da 1º convocatoria que tivo lugar en 2010 no Porto de Burela, os organizadores logran a súa reedición o 27 de agosto, na Praza dos Campos de San Cibrao
– O menú está composto por nécoras, percebes, berberechos, cigalas e mexillóns e o seu prezo será de 20 euros ou de 18 no caso de mercar os tiquets de xeito anticipado
A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, participou este xoves na presentación da II Festa do Marisco. É a cita gastronómica de promoción da Mariña mediante a posta en valor dos seus produtos pesqueiros. Está organizada por “El Progreso” e impulsada por segundo ano consecutivo pola Deputación en colaboración con dito grupo lucense de comunicación, empresarios mariñanos e o Concello de Cervo. Precisamente, será este municipio, concretamente a Praza dos Campos de San Cibrao, quen acolla este festexo o vindeiro 27 de agosto.
Méndez salientou que “un ano máis, tiñamos que sumarse a este proxecto porque cumpre un dos principais fundamentos que hai pouco máis de 4 anos instauramos nesta institución: a cooperación en prol do desenvolvemento de Lugo. Este é tamén o principio que basea Lug02, o programa medioambiental que nos permitíu poñer á venda en establecementos de distintos puntos de Galicia os primeiros 150 produtos autóctonos que acadaron a marca de garantía de auténtica calidade da Deputación; ou mesmo distribuír máis alá das nosas fronteiras lotes de alimentos como bonito de Celeiro, as fabas de Lourenzá, as roscas de Viveiro ou as pezas de Burelarte”.
A Festa do Marisco surxiu o ano pasado cando o Progreso propuxo potenciar de xeito conxunto unha xornada durante a época estival, de carácter rotatorio, é dicir, cada ano acolleríaa un Concello da Mariña, na que se ofrecese a un prezo competitivo de 20 euros un menú composto por nécoras, percebes e berberechos da costa lucense, así como cigalas e mexillón das de Coruña e Pontevedra. O éxito acadado na primeira convocatoria, que tivo lugar no Porto de Burela, levou a unha nova suma de esforzos para a súa reedición en 2011.
A este respecto, a Vicepresidenta Segunda destacou que dende a institución provincial “vamos a seguir xerando riqueza na provincia colaborando ano tras ano con iniciativas coma este festexo ou poñendo en marcha novas medidas dentro da segunda parte de Lug02 para a que a Unión Europea nos concedeu fondos, acadando ós 6,5 millóns de euros”.
Venda de tiquets
Na segunda edición desta cita gastronómica, repítese o menu e o seu prezo. Degustaranse por tanto, nécoras, percebes, berberechos da Mariña, así como cigalas e mexillóns das Rías Altas e Baixas. Todo, a 20 euros. No caso de adquirir os tiquets por anticipado este custe redúcese ós 18 euros. As localidade xa están a disposición dos interesados na oficina central de “El Progreso” na capital lucense, así como nas súas delegacións en Ribadeo, Viveiro e Burela. Tamén se poden mercar no Palacio do Cristal de Burela e na Casa da Cultura de Cervo.
Ademais de Lara Méndez, participaron no acto de presentación da II Festa do Marisco que tivo lugar na Casa Consistorial cervense, o Alcalde deste municipio, Alfonso Villares, o Deputado Autonómico José Manuel Balseiro, e o Director Xeral de “El Progreso”, José de Cora.
Colaboradores
A reedición deste festexo non sería posible sen a suma de esforzos entre: “El Progreso”, Deputación de Lugo, Concello de Cervo, Distribuciones Carreiras, Cetaría Burela, Restaurante Palacio del Cristal, Molineros Construciones, Grupo Rodabell, Aluminios Cruz de Venta, Construciones Metálicas Bidueiros e Logaidea Comunicación.





















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



