Nota de prensa:
Pose denuncia un excesivo “celo” profesional da Administración Autonómica para obter este documento
OS SOCIALISTAS ESIXEN A FEIJOO QUE NON POÑA TRABAS PARA ACCEDER A TARXETA SANITARIA DO SERGAS
-O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Modesto Pose advirte que existe lexislación sobrada para considerar o dereito á atención sanitaria como un dereito cidadan, e puntualiza que non é preciso estar de alta na Seguridade Social
-Lembrou que o PSdeG-PSOE presentou unha batería parlamentarias sobre as areas sanitarias nas que reclama ao Goberno de Feijoo “claridade, transparencia e deixar de enganar e mentir á cidadanía”
-Criticou as malas previsións da Xunta para organizar as vacacións dos sanitarios galegos
Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2011. O portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Modesto Pose presentou hoxe en rolda de prensa unha iniciativa parlamentaria na que reclama ao Goberno de Feijoo que non poña trabas para o exercicio do dereito á asistencia sanitaria da cidadanía galega e facilitar a tarxeta sanitaria do Sergas, sen mais requisitos co de residir nun municipio de Galicia. Pose denuncia un excesivo “celo” profesional da Administración Autonómica para obter o documento, asegura “que isto é unha ilegalidade e un descoñecemento da lexislación” . E dixo que a “única teima dos populares son as persoas que peor lles vai na vida”, insistiu.
O portavoz de Sanidade sinalou,que rexistrou esta proposición,tras coñecer por medio de moitos cidadáns en situación de paro, emigrantes retornados ou mulleres divorciadas, que persoal da Consellería de Sanidade nos Centros de Saúde da nosa Comunidade, están transmitindo que non teñen dereito a asistencia sanitaria, remitíndoos ás oficinas da Seguridade Social.
Así as cousas o deputado advirte que existe lexislación sobrada para considerar o dereito á atención sanitaria como un dereito cidadán, e puntualiza que non é preciso estar de alta na Seguridade Social, polo tanto afirma que “non necesitan buscar ningún familiar do que depender para exercer ese dereito á asistencia, só ten que acreditar a súa residencia nun municipio de Galicia”. Pose asegura que incluso as persoas embarazadas e os nenos teñen dereito a asistencia sanitaria sen residir na nosa Comunidade.
A maiores subliñou que a lexislación actual prevé que todo cidadán residente en España ten dereito a obter un cartón sanitario, e puntualizou que hai unha lexislación específica en Galicia adoptada nese sentido a Lei 8 do 2008, que sinala que poden obter este documento calquera persoa residente na Comunidade.
Areas sanitarias
Na súa intervención ante os medios tamén se referiu as areas sanitarias de Galicia. Lembrou que o PSdeG-PSOE presentou unha batería parlamentarias nas que reclama ao Goberno de Feijoo “claridade, transparencia e deixar de enganar e mentir á cidadanía”. Dixo que o Goberno Autonómico ten a competencia para reestruturar as areas sanitarias, pero insistiu nas súas criticas “pero non ten dereito a dicir unha cousa e facer outra, enganar e ter un galimatías en Galicia, no que ninguén sabe nin o cometido destas areas”.
Tamén criticou as malas previsións da Xunta para organizar as vacacións dos sanitarios galegos. Pose dixo que hai “unha desorganización” que ten como consecuencia que moitas localidades costeiras de Galicia “están desasistidas”, e donde o incremento de poboación supera ao habitual.
Hospital de Pontevedra
Aludiu ademais a construción do Hospital de Pontevedra. Reclamoulle ao Goberno de Feijoo que sexa austero e que razoe “non fai falla que constrúa este Hospital”, xa que asevera “que a sostibilidade deste centro conleva mais problemas que solucións”.
Consello de Contas
Por ultimo tamén se referiu ao Informe do Consello de Contas, e puntualiza que o incremento do gasto sanitario refírese ao período 2002-2008, o que quere dicir “que non comprende so o período do Goberno de Pérez Touriño”.



















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



