Nota de prensa
– A maiores, ducias de pequenas embarcacións quixeron sumarse ó evento turístico deportivo para reivindicar a mellora das instalacións portuarias, a Costa lucense e o recoñecemento oficial do Camiño do Mar
– Gómez Besteiro foi o encargado de dirixir o veleiro “Veranea en Lugo” que luciu a bandeira da Deputación e a vela de cor azul
– O Presidente avanzou que o vindeiro ano celebrarase a 3º Peregrinación para a que cómpre mellorar as instalacións portuarias co fin de convidar ós navíos de Cantabria, País Vasco e Francia que xa amosaron o seu interese
14 veleiros chegados dende Ribadeo, Viveiro, Foz, Avilés e Xixón participaron este sábado na II Peregrinación Marítima de Cruceiros pola Costa de Lugo organizada por Deputación e Club Náutico de Foz. Xunto a eles, ducias de pequenas embarcacións se concentraron na Ría de Foz para presenciar o evento turístico-deportivo. Todos eles quixeron sumarse ás reivindicación da institución provincial, compartidas polo club focense, para mellorar as instalacións portuarias, impulsar ó exterior o mar lucense e recoñecer oficialmente o Camiño do Mar como ruta xacobea.
Deste xeito, alí estiveron os promotores desta iniciativa: o Presidente da institución, José Ramón Gómez Besteiro, o do Club Náutico de Foz, Francisco Fernández Rego, así como o Deputado focense, José Ramón Val Alonso. Gómez Besteiro foi o encargado de levar o timón do veleiro focense “Veranea en Lugo”, que luciu a bandeira da Deputación e a vela de cor azul.
A regata comezou ás 17:00 horas, unha vez que as embarcacións chegaron ás inmediacións da praia da Rapadoira. Para elo, parte dos navíos, os procedentes da zona leste, partiron ás 10:30 horas dende o porto de Viveiro, pasando por San Cibrao, a praia de Arealonga e Punta Fazouro, ata chegar ó lugar de concentración na Ría de Foz. Os restantes navíos saíron ás 13:30 horas do porto de Ribadeo e transcorreron pola Illa Pancha para entrar finalmente no campo de regatas.
O evento turístico-deportivo remataba ás 19:30 horas, logo de 2 horas nas que as embarcacións transcorreron polo Golfo do Masma pasando polas boias sinaladas. Finalmente, ás 20:30 horas, todos os participantes foron agasallados por diversos obsequios institucionais. Ademais, os primeiros tres clasificados recibiron trofeos conmemorativos da man de Gómez Besteiro e o Alcalde de Foz, Javier Castiñeira.
3º Peregrinación
Visto a boa acollida desta iniciativa, o titular provincial avanzou que o vindeiro ano a Deputación voltará a sumar esforzos co Club Náutico de Foz para celebrar unha nova edición. Neste senso, incidiu na necesidade de mellorar as instalacións portuarias co obxectivo de incrementar o número de participantes. A este respecto, o Presidente do Club Náutico fixo fincapé no feito de que este ano a participación estivo limita a 20 veleiros. Ambos os dous salientaron que a intención para a convocatoria de 2012 é convidar ós navíos de País Vasco, Cantabria e Francia a sumarse á 3º Peregrinación Marítima pola Costa de Lugo xa que estes xa amosaron o seu interese pola iniciativa este mesmo anos.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



