CERVO .- O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, confirmou que con cargo aos fondos estatais de investimentos locais destinados a este concello (845,000 euros) crearanse 42 postos de traballo entre os nove proxectos presentados dentro desta vía de financiamento. Nas dúas últimas Xuntas de goberno acordouse destinar a achega que lle corresponde ao concello dentro do Fondo Estatal de Investimento Local: 845.000 euros. O alcalde cervense, Alfonso Villares, destacou que esta cantidade servirá para o financiamento dun total de nove actuacións nas zonas urbanas e rurais do municipio.
Villares explicou que estas obras foron elixidas polo Goberno Municipal despois de valorar as suxestións dos alcaldes pedáneos das distintas parroquias e de facer un estudo pormenorizado das necesidades do municipio. As obras propostas polo Concello de Cervo contemplan á adecuación e acondicionamento dun terreo no contorno da piscina municipal de Lieiro. Nesta área o Concello está a estudar a posibilidade de instalar o novo cemiterio municipal. “Estamos a recabar as autorizacións oportunas para levar adiante este proxecto, e de non poder construír alí o cemiterio destinaremos os terreos a outro tipo de servizos de interese xeral” puntualizou o alcalde.
O Concello tamén ten previsto executar a apertura dun novo vial en Cervo dende o Centro de Saúde ata a praza Federico Mon e prevé tamén realizar o acondicionamento e melloras de distintas vías e rúas do municipio coma as de As Areas, Rosalía de Castro e O Torno na vila de San Cirpián e noutras vías de Cervo, san Román e Lieiro. Cos fondos desta iniciativa, o Goberno local tamén ten previsto realizar a conexión da rede de saneamento no lugar coñecido coma “O Tellado” en Espiñeirido e acometer o acondicionamento e mellora do camiño que une os lugares de Trasbar e A Estivada.
MELLORAS MEDIOAMBIENTAIS
Tamén se destinará parte destes fondos a obras de mellora medioambiental e de adecuación de carácter recreativo en zonas de Lieiro, Cuiña, Vila de Suso e San Román de Vilastrofe. O Concello solicitará así mesmo fondos para a instalación de proteccións peonís en diversos puntos do municipio.
A relación de obras que Cervo solicitará dentro do Fondo Estatal de Inversións Locais dende o Concello de Cervo é a seguinte:
| Nome da Obra | Orzamento | Traballadores a ocupar |
| Acondicionamento de terreo para instalacións municipais no contorno da Piscina Municipal de Lieiro | 132.445,49 € | 4 |
| Apertura nova rúa en Cervo dende o Centro de Saúde ata a Praza Federico Mon | 197.246,56 € | 4 |
| Acondicionamento das rúas As Areas e Rosalía de Castro (San Ciprián) | 83.839,14 € | 4 |
| Conexión de rede de saneamento no lugar de “O Tellado” (Espiñeirido) | 61.014,46 € | 4 |
| Acondicionamento e mellora de vías municipais | 49.840,00 € | 4 |
| Acondicionamento e mellora do camiño Trasbar-Estivada | 56.387,33 € | 4 |
| Instalación de proteccións peonís | 36.340,16 € | 2 |
| Acondicionamento e mellora de servizos na rúa do Torno (San Ciprián) | 35.787,40 € | 4 |
| Obras de mellora medioambiental, adecuación de 4 zonas con carácter recreativo e acondicionamento de 7 viais do Concello. | 192.395,36 € | 12 |
| TOTAL | 845.295,90 € | 42 |




















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



