Nota de prensa:
FERNANDO SUÁREZ CONSIDERA QUE SI A SUBESTACIÓN ELÉCTRICA DE RIBADEO FOSE UNHA REALIDADE A MARIÑA ORIENTAL ESTARÍA MÁIS BLINDADA PARA AFRONTAR CORTES OU AVARÍAS DAS LIÑAS DE ALTA TENSIÓN COMA O OCORRIDO ONTE.
Ribadeo, 21 de setembro de 2011. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, asegura que si a subestación eléctrica fose unha realidade a Mariña Oriental estaría máis blindada para afrontar eventuais cortes ou avarías das liñas de alta tensión. O rexedor culpa do ocorrido onte á empresa eléctrica e tamén á Xunta de Galicia.
Suárez Barcia dixo que “non se trata de que si hai unha incidencia ou si unha árbore estropea o tendido eléctrico, que se lle vai facer, pero é que son moitas as veces en que se produce este tipo de problemática e eu como representante dos veciños do meu concello teño que queixarme enérxicamente e protestar, temos o dereito e o deber de facelo”.
O alcalde ribadense sinalou que “debo culpabilizar non só á empresa subministradora de enerxía elétrica senón tamén á Xunta de Galicia no que ten que ver co ámbito de Ribadeo e co ámbito da Mariña Oriental é en parte responsable desta situación. Digo isto porque desde o ano 2008 hai asinado un protocolo para construir unha subestación eléctrica, que aínda agora nestes dous ou tres últimos meses se están a dar pasos definitivos para a súa construcción, a través da exposición pública, dos trazados da liña de alta tensión, etc”.
Fernando Suárez considera que “si esta subestación non tivera esta demora de máis de dous anos que está a rexistrar por, precisamente, unha serie de tramitacións autonómicas que á Xunta de Galicia non lle deu a gana de impulsar como se merecía, a día de hoxe a subestación de Ribadeo e por extensión a parte de beneficiar ao polígono industrial de Ribadeo, á nosa vila e tamén á Mariña Oriental, esta parte desta comarca estaría moito máis blindada para eventuais cortes ou avarías das liñas de alta tensión. Si esa infraestructura estivese feita contaría con circuitos independentes que poderían reducir enormemente estas situacións que son máis propias dun país terceiromundista que dun país que quere estar xogando na primeira división e non na rexional preferente, como parece que está a ocurrir nos últimos tempos”.





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



