Nota de prensa 1/2
A Deputación aumentará as vendas de 29 entidades da Asociación de Mulleres Empresarias coa plataforma de comercio electrónico
– Co obxectivo de impulsar o tecido empresarial, o organismo provincial creou un enlace na portada da web deste colectivo para que as empresas teñan máis posibilidades de distribuír os seus produtos en novos mercados as 24 horas do día
– A institución luguesa investiu 46.000 euros neste proxecto, facendo posible a súa execución ó ser esta a máxima achega realizada que supera en dez veces máis a aportación efectuada pola Xunta de Galicia
– Profesionais do In Lugo ofrecen asesoramento práctico ás empresarias para que as 100 entidades que integran este colectivo se poidan beneficiar desta iniciativa
– Gómez Besteiro avanza que de todas as firmas que se sumaron á plataforma de comercio electrónico da Deputación, o 60% xa lograron incrementar as súas vendas
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, a Concelleira de Economía, Emprendemento e Autónomos, Sonia Méndez, a Delegada Territorial da Xunta na provincia, Raquel Arias, e a Presidenta da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo, Beatriz Varela Regueira, presentaron este xoves no Cei Nodus e-Deidades:Empresarias de Lugo na Rede. Trátase da nova ferramenta de difusión on line de dito colectivo lugués, composto na actualidade por 100 entidades e creada coa colaboración de ditas administracións. A institución provincial, dentro da súa aposta polo impulso ó tecido empresarial, investiu 46.000 euros neste proxecto, facendo posible a súa execución ó ser esta a máxima achega outorgada, que supera en dez veces máis a efectuada pola Xunta de Galicia. A maiores, a Deputación dota a este colectivo, que se afinca de xeito gratuíto nun dos locais do Centro de Empresas e Innovación posto en marcha polo Concello de Lugo, do material tecnolóxico necesario para poder levar a cabo o seu traballo mediante o Innova-TE, o proxecto tecnolóxico co-financiado nun 70% pola Unión Europea.
Gómez Besteiro lembrou que as mulleres empresarias arrincaban hai 3 anos esta iniciativa, sendo pioneiras no sector empresarial lucense xa que, por aquel entón, non existían iniciativas encamiñadas á creación dun gran centro comercial virtual. “Esa aposta pola incorporación das novas tecnoloxías para xerar riqueza, foi o que motivo á Deputación á sumarse a este proxecto dende un principio. É e que, fronte á austeridade, o que debemos priorizar é o gasto xusto e útil”. Pola súa banda, Beatriz Varela agradeceu o apoio das institucións e destacou que “este proxecto por fin é unha realidade porque a Deputación asumiu o 76% do custe total mentres que a Xunta aportou 5.000 euros”.
Enlace con Los Produtos de Lugo
O espazo web conta cun directorio virtual no que as empresas da asociación teñen a oportunidade de darse a coñecer e amosar a súa actividade. A maiores, co obxectivo de incrementar os beneficios do sector empresarial, a Deputación incorporou un enlace na mesma portada de e-Deidades para que as entidades se sumen a Los Produtos de Lugo, a 1º plataforma de comercio electrónico na provincia posta en marcha polo organismo provincial co Innova-TE, permitíndolles, de xeito totalmente gratuíto, poñer á venda os seus produtos.
Ata o momento, 29 empresas da Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo se sumaron sen custe algún a este proxecto, promocionando e comercializando a súa labor na Rede. Co fin de que se adhiran a totalidade das 100 entidades que integran este colectivo, profesionais do In Lugo, o 1º centro de innovación social en Galicia que arrincou a Deputación, está a ofrecer de xeito práctico e in situ, é dicir, nos propios establecementos, asesoramento e información sobre as vantaxes este proxecto.
As entidades adheridas son as seguintes: Academia Attelier; Al-Pazo Peluquería; Asin Lucense S.L; Autoescuela Avenida; Camaleon Tattoo; Caracacho S.L; Fermar-Autoesc. Alberto S.L; Frigoríficos de Lea S.L.; Granxa Maruxa; Inpe Sons; Ángeles Lombao Vigo; Jomer Decoración; Laura Uñas Esculpidas; Limpiezas Peña S.L.; Queixos Pacita; Tintorería Parque; Tu Descanso; Viajes Almar S.L; Pilar García Porto; Lotería Lastra; A Porta; Ampelos Correduría; Movalsa Asesores; Siente Galicia; Destellos; Galisorei Delicatessen; Optometristas Lucenses e Chicadecanela.
Incremento das vendas
Estas entidades engádense ás 26 que, na actualidade, ofrecen a través de Los Produtos de Lugo un total de 150 produtos. Tal é así, que o 60% xa lograron incrementar as súas vendas grazas á plataforma da Deputación. É que a través deste “centro comercial” virtual que o organismo provincial pon a disposición do tecido empresarial a custe cero permítelles anunciarse, vender e distribuír os seus produtos en novos mercados as 24 horas do día; realizar operacións de pago electrónico e facturación electrónica; incrementar a autonomía das empresas na xestión dos seus catálogos de produtos; ofrecer, por vez primeira, unha imaxe de marca de Produtos de Lugo independentemente do proveedor; e aforrar tempo e cartos os seus usuarios.
Para elo, só é preciso entrar en www.losproductosdelugo.com onde se atopa o catálogo de produtos de alimentación, artesanía, moda, servizos de lecer e mesmo instrumentos musicais, entre outros. O mecanismo para comprar é rápido e sinxelo: hai que elixir os produtos desexados, incorporalos á cesta da compra pulsando sobre a imaxe do carriño da compra e tramitar o pedido, elixindo a forma de pago. Todas as transaccións se efectúan mediante unha conexión totalmente segura que garante a privacidade dos datos do comprador.
Ademais, os usuarios teñen a posibilidade de rexistrarse como clientes, o que lles permitirá facer dun xeito máis sinxelo as futuras compras. O comprador consulta un só catálogo de produtos, realiza un único pago e recibe unha única entrega dos mesmos, o que constitúe un modelo innovador no mercado on line. O cliente, que non está obrigado a facer un pedido mínimo, recibe o material adquirido nun mínimo de 48 horas, tendo a posibilidade de coñecer en calquera momento a situación do pedido en curso ou consultar os realizados anteriormente. No caso de non quedar satisfeito, pode devolver calquera artigo nun prazo de 15 días hábiles dende a data de recepció
Nota de prensa 2/2
RAQUEL ARIAS DESTACA QUE A PLATAFORMA E-DEIDADES “ABRE UNHA OPORTUNIDADE PARA SITUAR OS NEGOCIOS DAS EMPRESARIAS LUCENSES NO MERCADO EXTERIOR”
A delegada territorial destacou a liña de colaboración seguida entre administracións e empresariado, que culminou na presentación desta web
Así mesmo, subliñou a implicación da Xunta coa modernización das empresas galegas, proporcionando ferramentas informáticas como o Portal do Comerciante, a rede Redic e a páxina Exportgalicia.com
Lugo, 22 de setembro de 2011.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, valorou a iniciativa das empresarias lucenses para contar cunha plataforma en internet, E-deidades, xa que “ abre unha oportunidade para situar os seus negocios no mercado exterior”
Arias realizou estas declaracións durante a presentación da web, destacando así mesmo a eficacia do traballo conxunto desenvolvido entre as administracións –Xunta de Galicia, Deputación Provincial e Concello de Lugo- e a Asociación de Mulleres Empresarias para culminar este proxecto, no que o Goberno galego inviste preto de 15.000 euros.
A delegada subliñou a importancia de que as empresas galegas estean na rede, contribuíndo á súa internacionalización, e tamén de que todos os galegos e galegas teñan un acceso de calidade a internet. En ambos aspectos traballa a Xunta de Galicia –indicou-, a través de diversas ferramentas informáticas que pon a disposición dos emprendedores e do despregamento do Plan de Banda Larga en toda a comunidade.
Con respecto ás primeiras, Raquel Arias informou da recente posta en marcha do Portal do Comerciante Galego, chamado a ser un instrumento de modernización e ordenación do comercio local.
Por outra banda, a Xunta de Galicia concibiu a rede Redic como “un nexo de unión permanente entre os comerciantes, as súas organizacións representativas e a administración”, asegurou a delegada. Esta rede proporciona asesoramento e apoio técnico aos profesionais e información ás corporacións locais, permitindo mellorar os procesos de modernización das pequenas e medianas empresas.
Así mesmo, o portal Exportgalicia.com serve de axuda a tódolos empresarios para favorecer a súa presenza no exterior. A delegada fixo un chamamento a todos os empresarios e empresarias a servirse destas webs como medio para ampliar os seus negocios.
En relación ao acceso dos cidadáns a internet, Arias lembrou que o Plan de Banda Larga logrou duplicar as taxas de cobertura de internet na provincia en apenas un ano, “pasando dun escaso 35% de lugueses que podían acceder á rede en boas condicións ao 75% actual; o obxectivo –avanzou- é chegar á totalidade da poboación”.























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



