Notas de prensa:
SR. ALCALDE.
Jaime Cancio Rodríguez, en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside :
EXPÓN:
Que a chamada carretera do Cemiterio ata Marzán é un dos accesos a Foz, que está a ter cada día máis incremento de transito.
Que todos somos coñecedores de que a mencionada carretera é moi estreita para a circulación en duas direccións .
Que a mencionada carretera e moi empregada para pasear así como para acceso peatonal ao Cemiterio, pero que non dispón de ningún espacio lateral para a circulación de peatóns co conseguinte perigo. .
Por todo o anteriormente exposto UNIFOZ, presenta esta MOCION para que a Corporación Municipal inste ao Goberno Municipal a:
-Realizar un proxecto de mellora integral para a carretera de acceso ao cemiterio e ata Marzán.
-Xestionar con outras administracións para poder financiar a realización das obras.
-Xestionar cos veciños/as colindantes a cesión dos terreos necesarios.
-Incluir no presuposto Municipal do ano 2012 unha partida económica para a realización das obras.
Jaime Cancio Rodríguez
SR. ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE FOZ
Foz a 21 de setembro de 2011
SR ALCALDE
Jaime Cancio Rodríguez, como concelleiro de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside ,Ao amparo do disposto no artigo 14 e seguintes do Regulamento de Organización, funcionamento e Réximen Xuridico das Entidades Locais e no exercicio do dereito Fundamental , recollido no ártigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elexidos nas eleccións por sufraxio universal.
EXPÓN:
Que son numerosas as queixas de veciños que empregan a crta dende o Bispo Santo ata Transmonte e Santa Cecilia polo deteriorada que se encontra a mesma.
Que si non se acomente unha urxente reparación coa chegada do inverno o deteriororo do firme será total, e por conseguinte a reparación moito máis costosa.E plo que
SOLCITA:
A urxente execución das obras de reparación mencionadas na Carretera dende o Bispo Santo a Transmonte e Santa Cecilia, para que os veciños podan facer uso da mesma con normalidade.
.
Jaime Cancio Rodríguez
SR ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE FOZ
SR ALCALDE
Jaime Cancio Rodríguez, como concelleiro de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside ,ao amparo do disposto no artigo 14 e seguintes do Regulamento de Organización, funcionamento e Réximen Xuridico das Entidades Locais e no exercicio do dereito Fundamental , recollido no ártigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elexidos nas eleccións por sufraxio universal.
EXPÓN:
Que son numerosas as queixas de veciños que empregan a crta dende o Bispo Santo ata Transmonte e Santa Cecilia polo deteriorada que se encontra a mesma.
Que si non se acomente unha urxente reparación coa chegada do inverno o deteriororo do firme será total, e por conseguinte a reparación moito máis costosa.E polo que
SOLICITA:
A urxente execución das obras de reparación mencionadas na Carretera dende o Bispo Santo a Transmonte e Santa Cecilia, para que os veciños podan facer uso da mesma con normalidade.
.
Jaime Cancio Rodríguez
SR ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE FOZ
SR ALCALDE
Jaime Cancio Rodríguez, como concelleiro de UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside :
EXPÓN:
Ao amparo do disposto no artigo 14 e seguintes do Regulamento de Organización, funcionamento e Réximen Xuridico das Entidades Locais e no exercicio do dereito Fundamental , recollido no ártigo 23.1 da Constitución no que se recoñece o dereito fundamental dos cidadáns de participar nos asuntos públicos por medio dos representantes libremente elexidos nas eleccións por sufraxio universal.
SOLICITA:
Copia das contas (ingresos e gastos) con motivo das festas do San Lourenzo do presente ano.
Relación de ingresos de postos da festa nominativos.
Relación de ingresos por outros conceptos.( petición popular, libro de festas, outras aportacións)
Relación nominal de gastos.
Relación de axudas de outras administracións para as festas do Carnen e San Lourenzo do presente ano.
Jaime Cancio Rodríguez
SR ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE FOZ




















A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



