Nota de prensa:
RAQUEL ARIAS DESTACA “O POTENCIAL E A CALIDADE QUE POSÚE O ENCAIXE GALEGO ACTUAL” PARA O DESENVOLVEMENTO NO MERCADO DA MODA
A delegada territorial, Raquel Arias, visitou hoxe o ‘II Encontro de Palilleiras’ de Xove, no que participan preto de 300 especialistas neste tipo de creacións
Xove, 1 de outubro de 2011.- A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, destacou hoxe “o labor creativo constante das palilleiras, que, ao tempo que conservan este arte tan noso, non deixan de sorprendernos coa mellora constante coa que impregnan as súas creacións”.
A representante do Executivo galego fixo estas declaracións no decurso da visita que realizou ao II Encontro de Palilleiras de Xove, celebrado hoxe no entorno do Pavillón Municipal da localidade costeira.
Arias, que estivo acompañada polo alcalde da localidade, Demetrio Salgueiro, gabou “o potencial e a calidade que posúe o encaixe galego actual”, unhas características que fan que estes traballos creativos sexan moi estimados dentro do mercado da costura actual, facilitando o seu desenvolvemento no mesmo.
Neste sentido, a delegada territorial fixo énfase en que a Consellería de Economía e Industria, a través da Dirección Xeral de Comercio, é consciente dos cambios que se están producindo cada vez máis rapidamente no sector da moda e que están relacionados xa non só con novos deseños, senón con novos xeitos de consumo, provocados especialmente polo auxe das novas tecnoloxías que permiten a compra online en calquera momento e dende calquera lugar.
“Neste contexto, o encaixe, como elemento de artesanía, está a xogar un papel especialmente relevante como valor engadido dentro desta nova tendencia creativa”, indicou Arias, referíndose ás novas propostas que están a impulsar hoxe en día os deseñadores en Galicia e que, nalgúns casos, xa foron expostos en pasarelas de alta costura como a de Cibeles.
Ensinanza e mantemento da tradición
A delegada territorial significou que en encontros como o de Xove “pódese apreciar o labor da ensiñanza, algo que une a xeracións e pasa de avoas a nais e a fillas, que é o xeito como se pode manter a tradición”. Nesta mesma liña, Arias animou as palilleiras a continuar coa súa labor e “transformala nunha alternativa económica, saíndo ao mercado”.
No encontro de Xove reuníronse preto de 300 especialistas no encaixe, que desde primeira hora da mañá comezaron a entrelazar os fíos participando en cursillos e exposicións de traballos. Así mesmo, na xuntanza tamén se puideron ver traballos de bordado, que permaneceron expostos en distintos stands.





















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



