Por Emilio González Legaspi
Acaba de chegar a luz á miña casa, despois de 50 horas na escuridade por culpa do temporal de vento que bateu as terras de A Mariña durante esta fin de semana. Ninguén sabe o valor das cousas até que as perde. As primeiras vintecatro horas foron levándose ben, incluso serviron para buscar outras maneiras de pasar o tempo, ir ao bares, charlar, xogar á baralla á luz dunha vela. Os rapaces aprenderon que toda a tecnoloxía que consumen é fráxil, que todo o seu mundo de lecer depende da electricidade, que non hai vida sen cordón umbilical de electróns.
Hoxe pola mañá comezaron as primeiras desesperacións. Os conxeladores empezaron a escorrer, avisando de que a seu contido ía perderse. Moitos gardaban neles a comida de varios meses e o traballo de días de choiva e sol no campo ou na cría de animais. A aventura foi atopar un grupo electróxeno co que evitar a perda do alimento. Todos estaban esgotados, algúns aproveitáronse da situación e venderon por riba do prezo e outros chegaron a facer poxas para ver quen pagaba máis. Pero ao final a solución foi a solidariedade, coma sempre en casos de necesidade. Os veciños foron prestando uns a outros, por horas, os poucos xeradores de corrente que atoparon para ir mantendo as cámaras de conxelado en condicións até a chegada da corrente eléctrica.
Por fin chegou, gracias ao traballo infatigable de obreiros anónimos que levan máis de corenta e oito horas traballando arreo, sen durmir, sen descansar e en condicións adversas. Eu quixera, antes que a ninguén, darlle as gracias a estas persoas que fixeron posible, co seu esforzo, que eu agora poida gozar desta marabilla de luz nunha noite de invernía. Ao lado da miña casa caeu unha morea de eucaliptos enriba das liñas eléctricas e fixo que os postes quebraran. De feito eu penso que este foi o apagón dos eucaliptos. Os traballadores das empresas encargadas de devolver o servizo eléctrico levaban dende o primeiro días cortando eucaliptos, arranxando postes e torretas e arriscando a súa vida para restablecer un servizo eléctrico do que toda a sociedade é totalmente dependente. Nada funciona sen electricidade actualmente. Para quentarse, para comer, para traballar, para divertirse… para todo é necesaria a electricidade.
Pois ben, chegaron ás catro da tarde e empezaron a reconstruír a torreta no medio da choiva e vento. Ás sete da tarde xa non se vía, pero eles seguiron traballando coa liluminación duns focos ate as dez da noite, que foi cando conseguiron que a luz chegase a todas as casas de Cervo. A min deume gana de darlles un abrazo, de aplaudir, pero estaba lonxe e eles montaron no coche e fóronse en silencio, coma chegaran. Merecían un descanso, pero seguro que aínda ían continuar a tarefa noutro lugar. Dende aquí as miñas máis expresivas gracias.
Ninguén pode parar a Natureza, pero si facer previsións. Un factor que influíu na zona de A Mariña en aumentar a desfeita do vento foron as plantacións de eucaliptos que invaden todo. Cortaron as estradas porque medrar ao pé do asfalto por ambas marxes todo tipo de vías públicas; foron os causantes da morte de varias persoas, entre elas un agarda civil que intentaba abrirlles paso uns enfermos maiores para chegar ao hospital. Axudaron a romper as liñas de corrente eléctrica porque é imposible manter unha zona de seguridade axeitada sen entrar en colisión con intereses particulares imposibles de contrariar en tempo de bonanza. Isto ocorre, a estas alturas, porque as autoridades da Xunta non foron capaces de facer cumprir unha lei aprobada hai dous anos, con motivo dos incendios que asolaron Galiza, e que prohibe que as plantacións de arbores e mato invadan as zonas urbanas. Pero parece ser que aplicar certas leis é impopular e pouco electoral, e xa sabemos a que andan os políticos de agora.
Por outra banda este tempo sen enerxía fíxome pensar no necesaria que é para a nosa sociedade, para o noso modo de vida, para a nosa economía; e sen embargo, cando a temos sen restricións non reparamos en apreciala e gastamos sen ton nin son, sen saber que os recursos son finitos, nós moi vulnerables e que calquera día quedamos a dúas velas para sempre.





















Xunto coa alcaldesa e a concelleira de Infancia, confirmouse tamén a renovación, por terceiro ano, da colaboración co Grupo Entrepinares, que patrocinará estas xornadas e apoiará actividades do Samaín e do Nadal. As dúas xornadas incluirán actividades gratuítas en horario de mañá e tarde, con inchables, xogos, propostas acuáticas e catro funcións do espectáculo do Mago Antón. Entrepinares ofrecerá ademais merendas gratuítas para todos os nenos e nenas. O Concello destaca que esta alianza permite reforzar unha programación infantil de referencia e ampliar as propostas de lecer para as familias ao longo do ano.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
Os deslizadores acuáticos enchen de diversión a praia dos Bloques. Onte, martes, estiveron operativos pola tarde e hoxe, mañá e o venres estarán dispoñibles de 11:30 a 14:00 horas e de 16:00 a 19:30 horas. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima á rapazada “a achegarse á praia dos Bloques a gozar das actividades de verán que deseñamos desde o Concello. Hóuboas para todos os gustos e idades tanto na pista multideporte como na praia dos Bloques. Agardamos que disfruten estes días cos deslizadores acuáticos, xogando e pasando un mes de agosto o máis divertido posible”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



