Con respecto ás polémicas declaracións de Artur Mas acerca dos nenos e nenas coruñeses (por tanto galegos) ou sevillanos ou malagueños (por tanto andaluces) que, falando castelán a veces non se lles entende o que din, cómpre facer unha serie de matizacións, previa reclamación ao señor Mas das oportunas desculpas por ter confundido os allos cos bugallos.
Defenda Artur Mas o seu con forza e con rigor. Xa ben podiamos aprender de vascos e cataláns a defender o propio. Aprender de alguén non significa arremedar o que fan, senón sacar conclusións do seu saber facer e adaptalas ao teu contexto. Pero para defender o seu sistema de inmersión lingüística non precisa empregar comentarios caricaturescos acerca da fonética doutros pobos e doutras linguas. Moi mal, señor Mas, moi mal. Quizás o agoníen tantos recortes (por certo aínda non criticados polo señor Pons, igual pensan facer o mesmo?) e iso lle faga perder a serenidade necesaria para o debate político.
Pero tamén me quero acordar dos nenos e nenas cataláns. Cantas barbaridades non se teñen dito a conta do sistema educativo catalán insinuando unha formación académica deficiente por culpa do catalán, problemas para comunicárense con outras persoas fóra de Catalunya, e mesmo algúns ousados tertulianos casposos referírense a taras irremediábeis para a intelixencia dos nenos e nenas cataláns por estudaren na lingua de Companys. Ollo, que tamén o dicían do vasco e do galego. Non vimos reaccionar coa mesma intensidade contra esas insinuacións que son unha auténtica parvada e un insulto á intelixencia a todos os que agora arremeten contra o señor Mas.
Os estudos que se fan sobre rendemento escolar mostran ben ás claras que os nenos e nenas cataláns teñen un coñecemento de castelán superior á media do Estado. O informe PISA tamén indica que as comunidades con dúas linguas cooficiais (entre as que se atopa Galiza, por certo) sitúanse por riba da media española en competencia lingüística en castelán e en inglés. Mentres que os escolares de zonas de dobre oficialidade lingüística teñen unha vantaxe engadida (a saber: o dominio de dúas linguas facilita máis o coñecemento dunha terceira ou dunha cuarta) aqueles que só coñecen unha teñen máis dificultades para aprender unha terceira lingua.
Se Artur Mas fora quen de ter razoado nestes termos, no canto de ter caricaturizado a fonética (o popularmente coñecido como “acento”) de galegos ou andaluces, mellor lle tería ido. O señor Mas púidose ter cortado un chisco a lingua e non tanto as partidas orzamentarias dedicadas á sanidade (por poñer un exemplo).
Pero tamén podemos sacar as nosas propias conclusións (sempre hai que aprender do dos demais adaptándoo ao noso, non copiando literalmente). Por que non temos reaccionado coa mesma contundencia cando algúns políticos e tertulianos atacaron sistematicamente aos nosos nenos e nenas? Acaso porque dese pretendido desgaste do goberno daquel entón se pretendía obter réditos electorais? Non lembra vostede señor Feijoo como tivo que corrixir a aquela xornalista, quen sabe se inspirada polo mesmísimo espírito santo, á hora de traducir “castrapeiro”? Alberto Núñez Feijoo aparenta defender con uñas e dentes o noso nuns casos (sobre todo os máis acaídos para a estratexia electoral do PP) pero trata con guante de seda, disimula ou mira descaradamente cara a outro lado, se non lle convén ao PP na súa loita por levar a Rajoy á Moncloa. Ben o puidemos comprobar ao longo de todo o proceso de chalaneo coa caixa galega.
Farruco GRAÑA





















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



