Nota de prensa:
FERNANDO SUÁREZ DI QUE O ORZAMENTO MUNICIPAL DE 2011 É O MÁIS AUSTERO POSIBLE. O REXEDOR CRITICOU OS RECORTES DA XUNTA EN EDUCACIÓN, XA QUE Á ESCOLA DE MÚSICA DE RIBADEO SÓ DESTINOU ESTE ANO 4.000 EUROS.
Ribadeo, 3 de outubro de 2011. O orzamento de 2011 é o máis austero posible, segundo o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez. O rexedor criticou os recortes que está a sufrir a educación por parte da Xunta, xa que a Escola de Música recibía arredor de 18.000 euros anuais en concepto de axuda e neste 2011 quedou en tan só 4.000 euros.
Suárez Barcia dixo que “este presuposto que se aprobou inicialmente na noite do venres, debo dicir que se aproba con moita tardaza, aínda que na primeira parte deste ano, antes das eleccións, o goberno municipal non dispoñía de maioría absoluta para poder aprobar os presupostos, tendo en conta que xa os do do exercizo de 2010 tiveron que ser aprobados por someterse a unha cuestión de confianza, dado que non contaban co apoio do pleno”. O rexedor sinalou que “agora, a pesares de telos sacado adiante tardíamente, témonos que poñer a traballar para aprobar en tempo e forma axeitada, é dicir a principios de ano, os orzamentos de 2012”.
O alcalde de Ribadeo réstalle importancia a que “éste orzamento, o de 2011, sexa o máis alto da historia porque ten dous elementos fundamentais que fan que se eleven e que noutras circunstancias ordinarias non voltará a ser así: conflúe unha anualidade moi importante destas obras da travesía, que están rematando agora e contemplan unha anualidade moi importante do pavillón polideportivo magnífico, que se está a facer en Ribadeo. Eses dous asuntos distorsionan para ben dito orzamento”
O equipo de goberno pretende “ao igual que viñemos facendo nos últimos anos, que éste sexa un presuposto o máis austero posible no sentido de gastar algo menos do que se ingresa para poder ir saldando débedas do pasado, débedas de facturas que teñen que ir a recoñecemento extraxudicial e que tan só se poden ir aprobando e pagando si queda algo de remanente positivo”. O rexedor referíuse neste punto á oposición, “isto que parece obvio, tanto ao PP como ao PSOE parece que lles molesta, si realmente gastamos algo menos do que ingresamos critícannos por iso, si realmente decimos que a maioría da inversión ven de fondos externos e que temos que gastar poucos fondos propios tamén nos critican por iso, realmente entendo que teñen que facer o seu papel pero ás veces incluso se contradin. Por un lado din que temos moito de gastos correntes e logo o PP cuestiona por qué non consignamos os famosos 68.000 euros de gratificacións aos funcionarios, pois sinceramente porque non e non podemos dicir nada máis neste sentido”.
Fernando Suárez tamén aludiu aos servizos sociais, “que en políticas de servizos sociais gastamos bastante, sí que é certo porque hai que ter en conta que nos últimos catro anos triplicamos o persoal nesta materia para atender a múltiples servizos que antes non se estaban dando tanto en número de usuarios como na proporción de horas e na frecuencia de asistencia a esta xente. Si recortamos nas luces das festas da patrona, por exemplo, e seguramente recortaremos no alumeado de nadal, non queremos recortar ou quereremos recortar o mínimo posible en materia de servizos sociais”.
E engadiu que “tamén hai unha cousa que nos doe moito. O PP ás veces defende a capa e espada todo o que fan os seus compañeiros na Xunta sin repararse a pensar si isto ten razón ou non. Os populares critican moito que a Escola de Música sexa moi costosa para o Concello, e sí é certo porque a recadación de taxas non chega nin para o 20% do custo desta escola e será algo que no futuro teremos que revisar. Pero tamén é moi custionable a actitude que ten a Xunta de Galicia coa educación, xa que anualmente viña dando unha axuda de 17 ou 18.000 euros para a Escola de Música e este ano pasou a dar só 4.000 euros. Para iso hai recortes, pero para que a Xunta invista 40.000 euros na regata Transgascogne, para iso non hai recortes nin austeridade”. Suárez Barcia indicou que “iso foi algo do que debatimos neste pleno longo, que para ser un único asunto foi longo, pero tamén despuntamos algunhas das cousas que faremos no futuro inmediato recollendo unha suxerencia do PSOE de que moitos dos funcionarios non eran versátiles. Un dos criterios que manexa o goberno municipal de Ribadeo é darlle unha versatilidade a moitos postos de traballo dos funcionarios municipais para rendir cento por cento, como debe ser”.






















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



