A Asociación Pasada das Cabras de Burela ten previsto realizar o vindeiro domingo día 9 de Outubro a ruta de Moreda – Monte Cido (Medulio) en O Caurel, de 6 quilómetros e dificultade media-baixa. O prezo sera de 15 euros para os socios e de 25 euros para os non socios, o prezo dos socios é o da comida, o autobús é gratis, subvencionado pola Asociación. A saída será ás 8 da mañá da Estación de Autobuses de Burela. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504, antes do xoves día 6 de Outubro ás 20,00 horas..






















No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



