Nota de prensa
NOVEMBRO CHEGARÁ A FOZ CON MOITAS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES. A FESTA GASTRONÓMICA DA RAIA OU O CAMPAÑAZO DO BINGO SON ALGUNHAS DAS PREVISTAS.
Foz, 4 de outubro de 2011. A directiva da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz ultima as campañas que vai desenvolver ata finais de ano. Onte celebróuse unha xuntanza co sector do comercio para seguir avanzando na organización das mesmas.
No mes de novembro levaráse adiante unha campaña para promocionar a tarxeta de fidelización O comercio fai pobo, compra na túa vila. ACIA Foz tentará que máis establecementos se adhiran a esta iniciativa que ten por obxectivo potenciar as compras no comercio tradicional da vila e que os clientes poidan obter descontos importantes e participar nas diferentes promocións ou campañas que se organicen ao longo dos vindeiros meses. Novembro será un mes intenso de actividades para a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos, xa que tamén terá lugar a festa gastronómica da raia e voltará o campañazo do bingo os venres pola noite.
E xa de cara ao nadal a Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos porá en marcha un concurso de fotografía de escaparates que se desenvolverá do 1 ao 25 de decembro. Segundo explica o presidente José Carlos Paleo “haberá premios tanto para os participantes como para os comercios. Esto todo é só un avance do que seguiremos a perfilar nas vindeiras semanas”.
Na xuntanza, que tiña lugar onte no hotel Leytón, tamén se falou da posible colaboración coa Área de Cultura e Turismo da Deputación Provincial de Lugo para a posta en marcha dunha iniciativa encamiñada a potenciar a gastronomía e o patrimonio cultural de Foz durante as fins de semana do inverno.





















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



