Nota de prensa:
Reitera que aqueles municipios que se unan para prestar servizos aos cidadáns “terán prioridade” como destinatarios de axudas e de subvencións do Goberno galego
Feijóo destaca que o decreto que regula as subvencións da Xunta aos concellos fará máis accesibles as axudas, simplificará a burocracia e garantirá o pagamento aos provedores en 60 días
Afirma que este decreto dá resposta a unha reivindicación histórica do municipalismo galego que é non obrigar aos concellos a pagar antes de recibir a axuda da Xunta
“Se trata de dar un paso máis e fomentar e incentivar a xestión responsable dos concellos galegos. Imos incentivar aos concellos que son transparentes pero tamén aos concellos que cumpren cos provedores”, explica
Garante que o Goberno galego seguirá comprometido coa situación dificilísima que están pasando as administracións “e, por suposto, coas administracións locais”
Santiago, 06 de outubro de 2011.- O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, subliñou, este mediodía, que o decreto que regula as subvencións da Xunta aos concellos, aprobado hoxe no Consello, fará máis accesibles as axudas, simplificará a burocracia e garantirá o pagamento aos provedores en 60 días. “Cumprimos cos concellos, coas axudas máis accesibles e con axudas que se desembolsan antes de que os concellos teñan que pagar liquidamente o importe da axuda pero, de tal xeito tamén, os concellos teñen o compromiso de pagar aos provedores en 60 días desde que reciban esas subvencións”, avanzou.
Ao longo da súa intervención, Feijóo afirmou que este decreto dá resposta a unha reivindicación histórica do municipalismo galego que é non obrigar aos concellos a pagar antes de recibir a axuda da Xunta. “Reducimos a burocracia das axudas e, a partir de agora, todas as axudas aos concellos serán xustificadas do mesmo xeito. E melloramos a liquidez dos concellos porque mentres que ata agora tiñan que acreditar que pagan un investimento que fagan ou un servizo que prestan financiado por unha axuda, agora poden percibir a axuda a través dunha certificación, dunha aprobación ou dunha verificación do investimento”.
Logo de lembrar que aqueles municipios que non rendan contas de forma anual ante o Consello de Contas non van poder recibir axudas do Goberno galego, o presidente autonómico explicou, amais, que se un concello non paga en prazos aos provedores a Xunta reterá as cantidades que aínda non estean desembolsadas desa axuda ou desa subvención. “A cláusula de seguridade obriga aos concellos a pagar en dous meses aos provedores as axudas que reciban con cargo ao presuposto da Xunta”, reiterou.
A modo de resumo, Feijóo afirmou que con este decreto “a Xunta cumprirá cos concellos, con axudas que esixirán menor burocracia na súa cumplimentación, e aceptamos unha reivindicación histórica do municipalismo galego de tal xeito que a Xunta poda aboar o importe das subvencións antes de que os concellos paguen as facturas desas subvencións. E os concellos teñen dúas obrigas: o compromiso de pagar aos provedores en 60 días desde que reciban esas subvencións e non poderán recibir subvencións da Xunta se teñen sen render as contas ao Consello de Contas. Se trata de dar un paso máis e fomentar e incentivar a xestión responsable dos concellos galegos. Este dobre compromiso figura no decreto que acabamos de aprobar. Imos incentivar aos concellos que son transparentes pero tamén aos concellos que cumpren cos provedores”.
Feijóo explicou, amais, que este decreto prevé un principio básico de xeito que os concellos terán máis posibilidades de ser receptores de axudas e subvencións da Xunta cando fusionen a prestación dos seus servizos e cando presten de forma fusionada servizos públicos que se poden prestar a dous ou máis concellos. “Aqueles concellos que se unan para prestar servizos aos cidadáns terán prioridade como destinatarios de axudas e de subvencións da Xunta. Por exemplo, aqueles concellos que compartan os seus servizos lingüísticos, aqueles que compartan os servizos de igualdade, a xestión de puntos limpos e, por suposto, aqueles concellos que compartan practicamente todos os servizos que están subvencionados pola Xunta”.
Feijóo afirmou que é preciso distinguir entre as administración que cumpren e as que non cumpren; “e é preciso distinguir entre os concellos que son máis dilixentes cumprindo as súas obrigas e os concellos que non o son”. “Non se pode cometer a inxustiza de tratar a todos por igual. Non é o mesmo un concello que cumpre, que é transparente e que acredita as súas contas no Consello de Contas, que os concellos que non o fan. E non é o mesmo un concello que paga aos seus provedores que un concello que non o fai”, aseverou.
Por último, o presidente da Xunta garantiu que o Goberno galego seguirá comprometido coa situación dificilísima que están pasando as administracións “e, por suposto, coas administracións locais”. “O demostramos cando aprobamos no mes de marzo anticipos do 90% de varias liñas de axudas aos concellos; o demostramos ao manter as contías do Fondo de Cooperación Local a pesar de baixar os presupostos da Xunta; e o demostramos ao blindar o plan Concertado en servizos sociais que estaba destinado para os concellos”.
























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



