A XUNTA APROBA UNS ORZAMENTOS ESTABLES E SOCIAIS CO OBXECTIVO DE CRECER UN 1,1% EN 2012
O gasto destinado a sanidade, educación e servizos sociais superará o 75%, un 7,7% máis que en 2009
As prioridades serán continuar na senda da recuperación económica, a solvencia da Facenda autonómica e manter o Estado do Benestar
As contas reflicten un compromiso coa dependencia e os seus recursos medrarán un 2% grazas á achega autonómica
A comunidade manterá un diferencial positivo de 4,5 puntos sobre a media de España
Galicia é a única autonomía española que cumpre todas as esixencias para a consolidación fiscal
O Goberno galego reforza o financiamento das universidades con 3,7 millóns de euros máis e o dos concellos con 2,3 millóns de euros máis
Impulsa un novo modelo económico cunha aposta pola innovación e o apoio á modernización, internacionalización e mellora da competitividade e produtividade
O Consello da Xunta aprobou hoxe o proxecto de Lei de Orzamentos da comunidade autónoma para o ano 2012, unhas contas estables, sociais e prudentes, que cumprirán un ano máis o obxectivo de estabilidade orzamentaria e que prevén que Galicia creza un 1,1% o vindeiro exercicio.
O gasto non financeiro da Xunta manterase estabilizado, caerá un 0,1%, ata os 9.135 millóns de euros. O Goberno galego seguirá potenciando o gasto social, con algo máis de tres de cada catro euros para sanidade, educación e servizos sociais, o que supón un incremento de 7,7 puntos respecto ao ano 2009.
As prioridades das contas autonómicas serán continuar na senda da recuperación económica, a solvencia da Facenda autonómica e o mantemento das políticas do Estado de Benestar. Ademais, grazas ao axuste realizado nos dous últimos anos en 2012 poderanse estabilizar os investimentos orzamentarios en relación á capacidade de gasto que houbo este exercicio.
En materia de emprego, a estimación é que os axustes sufridos nos dous últimos anos permitan, con prudencia, albiscar un escenario no que se poida frear a destrución de postos de traballo e que a taxa de paro mellore lixeiramente, ata o 16,4%, co que Galicia seguirá mantendo un diferencial positivo coa media española de 4,5 puntos.
Galicia, comunidade pioneira en consolidación fiscal
Por outra banda, Galicia é a única autonomía española que máis pasos ten dado na dirección da consolidación fiscal e é a comunidade que máis se ten esixido e a que máis ferramentas ten posto en marcha. Así, dotouse dun teito de gasto por lei, que aumentou a transparencia e disciplinou a elaboración das contas; e dunha regra fiscal asociada ao ciclo económico.
Tamén foi, xunto a Madrid, a única autonomía que cumpriu tanto no ano 2009 como no exercicio 2010, o obxectivo de estabilidade orzamentaria, co que mellorou a solvencia do conxunto de España.
Ademais, a Comunidade galega incrementou a débeda por debaixo da media nos dous últimos exercicios e deseñou un Plan Estratéxico 2010-2014- Galicia 2020, que foi eloxiado polo comisario europeo, pois vai na liña da estratexia comunitaria Europa 2020.
Galicia mantense como unha autonomía fiable para os mercados, pois a pesar de acelerar a execución do plan de endebedamento anual, a mediado deste ano –último dato dispoñible- conseguiu ter un ratio débeda-PIB por debaixo da media española. Así, nun momento en que a débeda sobe en todas as administración, Galicia, que sempre respecta os límites autorizados polo Consejo de Política Fiscal y Financiera, presenta unha mellor posición comparativa.
As contas autonómicas reflicten un ano máis o seu compromiso coa dependencia, xa que os recursos que se destinarán a este ámbito social subirán en 2 millóns de euros, iso si, grazas a que a Xunta incrementa en 4,4 millóns de euros os seus fondos para contrarrestar a caída dos do Estado.
Este esforzo faise extensible ás universidade e aos concellos. Así, as universidades galegas recibirán en 2012 un total de 394 millóns de euros, 3,7 máis que o ano anterior. En canto aos concellos, a Xunta garántelles 115,3 millóns de euros, 2,3 máis, co que sumarán 66 millóns adicionais no que vai de lexislatura.
Por outra banda, os orzamentos de 2012 continuarán co liña fixada no Plan Estratéxico, cunha aposta por uno novo modelo produtivo, que se concreta en fortes incrementos en programas chave para acadalos. Así, o Plan Galego de Investigación, Innovación e Crecemento medra case un 10%; mentres que o de apoio á Modernidade, Internacionalización, Mellora da Competitividade e Produtividade Empresarial o fai case un 48%.
Breve resumo: http://www.xunta.es/c/document_library/get_file?folderId=346899&name=DLFE-12204.pdf






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



