Nota de prensa
O GPPP di que a actitude da Deputación demostra que as residencias que prometeu repondían a intereses electorais
Os feitos demostran que a iniciativa carecía do respaldo económico necesario para asegurar o seu mantemento futuro e agora, despois de non ter contado coa Xunta á hora de planificar a súa ubicación, pretenden que participe na súa financiación
Lugo, a 25 de outubro de 2011.- O Grupo provincial do Partido Popular considera que a moción abordada hoxe no pleno provincial a proposta do equipo de goberno, relativa á concertación de prazas das residencias da terceira idade que ten previsto construir a administración provincial, pon de manifesto que o bipartito provincial non ten ningún reparo en cambiar de criterio segundo lle conveña.
Antes da celebración das pasadas eleccións municipais, socialistas e nacionalistas non tiveron inconvinte en presentar a construcción desas mini residencia como un proxecto de “titularidade exclusiva” da Deputación, obviando que a administración competente nesta materia é a Xunta de Galicia, competencia que recoñecen no texto da propia moción e da que botaron man hoxe durante a súa defensa ante o pleno. Unhas mini residencias que, como se recoñeceu hoxe, establecéronse sen planificación previa e, o máis grave, sen ter asegurado o seu mantemento futuro.
A actitude da Deputación refrenda a valoración realizada no seu día polo GPPP de que esta iniciativa respondía única e exclusivamente a criterios electorais. Socialistas e nacionalistas avogan agora pola colaboración entre administracións, nomeadamente entre Deputación e Xunta, pese a que esa mesma colaboración rexeitarona ostentosamente hai sete meses.
De feito, no pleno de marzo do pasado ano, o GPPP defendeu unha moción, que foi rexeitada por socialistas e nacionalistas, na que propoñía a creación dunha comisión de coordinación entre a Xunta de Galicia, a Deputación e os concellos nos que a administración provincial prevía construir residencias para a terceira idade co fin de acadar unha maior eficacia e rendabilidade social dos recursos. Esta comisión, segundo a iniciativa popular, encargaríase de determinar, entre outros elementos, os distintos niveis de participación das administracións implicadas en todo o proceso de construcción, xestión e mantemento destas residencias.
Daquela, os populares tamén requerían ó goberno provincial que explicaran os criterios que determinaron a ubicación destas residencia. Entendían dende o GPPP, que existía unha clara falla de información sobre cales foron os criterios nos que se basou a adopción desa decisión, así coma sobre outros aspectos moi importantes, tales como dilucidar quen correrá cos gastos de mantemento unha vez construidas ou incluso saber se se redactou unha memoria económica para cada un dos proxectos.
Precisamente para aclarar esos aspectos, os populares solicitaban que se puxera a disposición de todos os grupos provinciais información precisa de cada un dos proxectos destas residencias, así coma a memoria económica e a planificación realizada para a súa licitación e execución.
Pois ben, ante este cambio de criterio “tan radical e inxustificable” o GPPP optou no pleno celebrado hoxe por rexeitar a proposta dos equipo de goberno provincial de instar á Xunta a colaborar na concertación das prazas resultantes da posta en marcha desas mini residencias.




















A cita contará con charlas, obradoiros, concurso de fotografía e unha ampla zona expositiva. A feira será de acceso gratuíto e está pensada para gozar en familia.
“O concerto queda posposto para outro domingo no que Toxo Guayaba nos poida acompañar. Iremos informando”, explican desde a organización.
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.
Foi promovida polo ximnasio ABFitness en colaboración co Concello de Ribadeo para promover a vida activa e o deporte neste municipio. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, declarou: “agardamos seguir a colaboración e que cheguen a este concello máis actividades e propostas para impulsar a vida activa e o estilo de vida saudable”.
López Campos salientou o apoio da Xunta a esta cita pola súa relevancia cultural e polo seu papel na dinamización do rural, así como pola forte implicación veciñal que a sostén. Durante o acto, entregou un dos premios do concurso escolar de relato e debuxo, integrado nun programa que combina artesanía, produtos de calidade, obradoiros e música. Pola súa banda, Iria Castro percorreu os postos das filloeiras, que ofreceron centos de racións deste doce tradicional aos numerosos visitantes. A deputada tamén visitou o punto de degustación de xamón de porco celta do programa Un gusto de rural, un rural degusto e o posto de divulgación Lambiscadas Científicas, dúas propostas impulsadas coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación e integradas na programación da feira.
Carlos López destacou que a Deputación colabora con esta cita –a través dunha achega de 3.000€- porque é unha das celebracións gastronómicas máis coñecidas do norte de Galicia, capaz de poñer en valor a tradición culinaria e a riqueza natural do entorno. Durante toda a mañá tiveron lugar na contorna da Praza dos Fornos os concursos de lance e mosca, unha exhibición de pesca, a pesada e as clasificacións. Xa pola tarde, tras a entrega dos trofeos, tivo lugar a verbena a cargo de Suavecito e Pedro Bermdez.
A presentación correrá a cargo de Marisa Barreiro, presidenta do IESCHA. O acto terá lugar o venres 8 de maio de 2026, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura de Vilalba.



