Nota de prensa
O EMBLEMÁTICO PLAYAS DE CASTELLÓN RECALA NA BOMBONEIRA
![]()
O emblemático e histórico Playas de Castellón, descendido de Primeira esta tempada, recala na bomboneira para protagonizar o duelo da sétima xornada de Segunda en Vista Alegre (sábado 29, 18.30 horas). Unha das incógnitas da cita será o encargado de defender a meta do Burela FS-Pescados Rubén, ante o que Brais o ten moi claro: “Tanto Iago coma min estamos traballando moi duro; creo que calquera dos dous estamos perfectamente capacitados para levar a portería do Burela. Quique ofreceume a súa confianza nos tres últimos encontros e sentinme cómodo e ben na pista; agora só me queda continuar a dar o mellor de min para medrar como xogador e gañar minutos”.
Os castellonenses saltarán á pista burelá como un dos indiscutibles nas quinielas polo ascenso a pesar de que están amosando un inicio un tanto dubitativo que os mantén na cola clasificatoria; en seis xornadas os levantinos teñen no seu poder 4 puntos, froito do empate en Manzanares (3-3) e da vitoria como local ante o Melilla (3-2). “O inicio irregular do Playas está sendo sorprendente, pero creo que tan só será anecdótico porque é un rival moi duro, con experiencia e xogadores veteranos, que rematará claramente nos postos de arriba” asegurou Brais, que identificou “a presión de balón” como a clave para a cita de Vista Alegre: “Deberemos ter especial coidado de tapar as liñas de pase ao pivote, de emprego moi recorrente no rival, e ser moi concienzudos no caso de que opten polo cinco contra catro, estratexia que traballan moi ben”. “Se conseguimos pulir a finalización nas numerosas ocasións de gol que estamos xerando poderemos marcar o ritmo do partido” puntalizou o laranxa.
O meta burelista tamén falou do impulso de regresar á senda da vitoria: “Estamos a un só punto da cuarta praza e o triunfo daríanos o empurrón necesario para seguir na zona media-alta nunha liga que promete ser a máis rifada dos últimos anos”. Sen dúbida os laranxas están mentalizados para realizar un gran partido; a semana de adestramentos programouse para despregar un gran nivel na cita. “O equipo está unido, con ganas e ilusión; estamos traballando ben para atopar esa regularidade que nos dará a estabilidade necesaria para estar na zona alta; os partidos coa nosa afección son fundamentais neste obxectivo”, precisou Brais.
Vestiario. Na evolución de Christian continúan as boas novas; o ala-peche viveirense puido comezar esta semana o traballo de recuperación, con exercicios de ximnasio e carreira en pista.
Invitacións. Os hoteis Palacio de Cristal, Nordés e Sargo, en Burela, e O Rincón de Anita, en Foz, agasallarán a súa clientela durante as ceas deste venres con invitacións para gozar co xogo entre burelistas e castellonenses.
Copa do Rei. A escuadra mariñá desprazarase ata a provincia coruñesa o vindeiro martes, 1 de novembro, para disputar a segunda eliminatoria da Copa do Rei ante o Noia FS, da Segunda División B; será no pavillón municipal, a partir das 18.30 horas.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
