Nota de prensa
A Deputación executou unhas 200 pequenas obras nos núcleos rurais coas que mantivo outros tantos empregos na provincia
– Son actuacións do Plan de Comunidades Veciñais para 2011 coas que, cumprindo o 1º compromiso do Decálogo do Goberno provincial, a institución aforra 2,3 millóns de euros ós Concellos, dota ás parroquias lucenses de novos servizos e conserva postos de traballo
– O organismo provincial asume a execución de traballos en 10 núcleos rurais de Samos que beneficiaron a 450 persoas deste municipio e coas que se mantiveron outros 25 empregos
– A Xunta de Goberno modifica o convenio do Plan Extraordinario en Vilalba para que os 15.000 vilalbeses non perdan melloras de 1 millón de euros logo da “desidia” do Alcalde
– Martínez salientou as consecuencias dos recortes en obras, educación, sanidade e políticas sociais da Xunta e sentenciou que “Feijóo, o que se comprometeu a acabar co paro en 45 días, chegou ó Goberno galego manipulando e terxiversando e así o segue a facer”
O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, avanzou este venres que das 293 obras que contempla o Plan de Comunidades Veciñais para 2011 a Deputación executou 187, é dicir, máis do 63% do total. Martínez destacou que coas actuacións realizadas, ademais de mellorar os servizos municipais ós veciños e aforrar cartos ás entidades locais xa que a institución asumiu a totalidade dos custes, mantivéronse máis de 200 postos de traballo. Na actualidade, o organismo provincial está a levar cabo as restantes 117 obras nas que traballan outras 100 persoas do sector da construción, facendo que o número de empregos que se conserven mediante esta iniciativa ascenda ós 300.
O tamén Deputación de Xestión Territorial subliñou que o Plan de Comunidade Veciñais está a cumplir o primeiro compromiso do Decálogo do equipo de Goberno provincial do que deu conta o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, durante o Pleno de investidura: ratificar como prioridade máxima na acción política da Deputación de Lugo a cooperación cos Concellos, primando todas aquelas iniciativas que faciliten a creación de postos de traballo e eviten o despoboamento demográfico, especialmente no rural. E como mostra delo, Martíñez espuxo os seguintes motivos:
1.- Porque se asistiu á totalidade dos municipios da provincia, agás o de Rábade que non presentou solicitudes neste plan, ós que se lles aforrou un total de 2,3 millóns de euros. Este é o orzamento que achegou a Deputación para esta iniciativa co fin de levar a cabo pequenas e necesarias obras municipais que os Concellos non podían asumir.
2.- Porque estas 293 obras, que consisten en abastecementos de auga potable, saneamentos e pavimentacións, rede de sumidoiros, alumeado público ou acondicionamento de camiños rurais, realízanse nas parroquias da provincia co fin de que no rural existan uns servizos óptimos que freen, na súa medida, a constante perda de poboación.
3.- Porque con estas actuacións mantéñense 300 postos de traballo.
Precisamente, a Xunta de Goberno aprobou hoxe as contas xustificativas de 12 obras do Plan de Comunidades Veciñais executadas nos Concellos de Begonte, Bóveda, Muras, Abadín, Chantada, Lugo, Portomarín, Ribadeo e O Valadouro por valor de 121.000 euros. Deste presuposto, a Deputación achegou 81.000 euros e os colectivos beneficiados a cantidade restante. As actuacións levadas a cabo foron as seguintes: Acondicionamento e arranxo local social, en Femil (Begonte); restauración retablo maior da igrexa de Ver (Bóveda); arranxo do camiño da Rega (Muras); execución de beirarrúas no cemiterio de San Juan de Romariz (Abadín); mellora do local social de Gaibor (Begonte); acondicionamento do local social e campo da festa en Requeixo (Chantada); instalación de calefacción na escola de Bosende (Lugo); mellora nos depósitos de alamacenamento de auga en Castro de San Martín (Portomarín); conexión de tubaxes na Devesa (Ribadeo); acondicionamento da área recreativas de Remourelle (Ribadeo); acceso para limpeza de manantial e canalización en Ove (Ribadeo); colocación de alumeado público en Villacampa (O Valadouro).
253.000 en melloras nos núcleos rurais de Samos
A Xunta de Goberno aprobou ademais, a concesión dunha subvención de 253.000 euros ó Concello de Samos, enmarcada dentro dun convenio de colaboración entre a Deputación e este municipio para a prestación e mellora de servizos municipais en distintos núcleos rurais. Trátase dun acordo que permitíu a execución de 7 obras en 10 parroquias, das que se beneficiaron 450 veciños, e coas que se mantiveron 25 postos de traballos. As actuacións foron as seguintes: adquisición de 2 tanques de auga para a prestación de servizo en Lamartín, un núcleo que concentra unhas 5 explotacións gandeiras con máis de 400 cabezas; mellora de estradas e camiños nas parroquias de Renche por Lastre a Lourido, Freituxe e Toca; acondicionamento dos locais sociais en Estraxiz e Gosende; e realización de muros en Lousada e Trascastro.
Convenio con Vilalba
A sesión acordou a modificación do convenio de colaboración entre Deputación e Concello de Vilalba enmarcado no Plan Extraordinario de Obra Pública co fin de que os 15.000 veciños deste municipio non perdan os beneficios que conlevan as melloras de servizos por valor de 1 millóns de euros, asumidos na súa totalidade pola institución provincial. Este trámite prodúcese logo de que en decebembro de 2010 tivese lugar a sinatura de 9 convenios, data na que os Alcaldes dos municipio beneficiados -Vilalba, Monforte de Lemos, Lugo, A Fonsagrada, Becerreá, Viveiro, Foz, Burela, Sarria e Vilalba-, propuxeron levar a cabo máis de 70 obras. Os textos mantiñan que a Deputación adxudicaría as obras e faríase cargo do seu financiamento, achegando para elo, 9 millóns de euros. Mentres, os Concellos só terían que entregrar os proxectos.
Manuel Martínez salientou que case un ano despois, a institución contratou e aboou practicamente o 100% das iniciativas, tendo pendentes exclusivamente as de Vilalba debido “á falta de xestión” do seu Rexedor, Gerardo Criado quen, “primeiro non entrega toda a documentación e a que remite faino mal, tarde e arrastro”. Concretamente, fixoo no mes de agosto, 8 meses despois da sinatura do convenio. Agora, Criado pedíu a modificación destas actuacións que “sendo flexibles aceptamos, priorizando os beneficios deste 1 millón de euros para os veciños de Vilalba”.
Deste xeito, os traballos e as partidas acordadas finalmente para a execución dos mesmos son os seguintes: adquisición dunha parcela no contorno da praia fluvial e complexo lúdico-deportivo da Magdalena (135.300 euros); compra dunha finca no contorno da futura gardería municipal (62.547 euros, cambio); acondicionamento da vía provincial ó seu paso pola área recreativa e praia fluvial da Magdalena (400.000 euros); reurbanización da rúa Porta de Encina (180.000 euros); mellora de accesos as queixerías de San Simón da Costa (120.000 euros); adecuación do Paseo dos Condes (102.153 euros).
Resultados dos recortes da Xunta
Poñendo como exemplo as anteriores actuacións que está a impulsar a Deputación e tendo en conta que entre os seus resultados se atopa o mantemento de centos de postos de traballo, o voceiro provincial socialista sentenciou que “mentres a falsa austeridade que practica o señor Feijóo fixo que a Xunta de Galicia disminuise a licitación de obra pública este ano en case un 50% con respecto a 2010, a Deputación, dentro das súas posibilidades, mantén o seu esforzo inversor nesta materia co fin, non só de mellorar os servizos ós veciños, senón de facer fronte ós datos do paro. Os recortes do señor Feijóo supuxeron que hoxe 242.142 persoas non teñan traballo en Galicia. Só durante o mes de setembro, 9.224 persoas se sumaron á lista do paro na Comunidade. Os resultados dos recortes en obras, en educación, sanidade ou servizos sociais que protagoniza o Partido Popular desencadearon no incremento nun 3,96% do paro en Galicia con respecto o mes anterior, superando a media de España. Isto é o que logrou aquel señor que se comprometeu a acabar o paro en 45 días”. Neste senso, Martínez avanzou que “a Deputacion seguirá priorizando políticas de actuacións que manteñan e creen postos de traballo, contribuído a que Lugo non só siga sendo a provincia galega co menor índice de parados, senón para reducir, dentro das nosas posibilidades, ese dramático número de desempregados que se sitúa nos 23.384 lucenses”.
Prazas de residencias
O Deputado tamén fixo referencia ó último anuncio da Consellería de Traballo e Benestar, departamento do Goberno galego que se comprometeu a financiar 110 prazas públicas residenciais nos municipios pontevedreses de Vilagarcía, Vilanova, A Illa de Arousa e Catoira. Martínez salientou que “o señor Feijóo chegou á Xunta manipulando e terxiversando e así o segue a facer. Onde están as 2.000 prazas públicas en residencias que di que se crearon nos últimos dous anos e medio? En Lugo non porque para esta provincia o Goberno galego non ten cartos. Feijóo non só discrimina a Lugo, priorizando o eixo atlántico e investindo nas provincias máis ricas, senón que minte a todos os veciños. Quen está soportando todo o gasto en dependencia é o Goberno Central que achegou o 70% do investimento total realizado na Comunidade nesta materia fronte ó 30% da Xunta”. É e que o Executivo Central, segundo se desprende do presuposto consignado ó Ministerio de Sanidade, Política Social e Igualdade en 2011, investiu 1.828 millóns en axudas a dependentes en España. Segundo a lei, as Comunidades Autónomas están obrigadas a achegar o 50% deste investimento no seu territorio. Nembargantes, o Goberno Central viuse na obriga de asumir o 70% deste orzamento en Galicia debido ós recortes da Xunta. O mesmo ocorreu en Madrid, Valencia e Canarias.



















Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.



