REFERENCIA
ORDE DO DIA
1.- Solicitude ao ICO de operación de crédito para a cancelación de obrigas recoñecidas, vencidas, líquidas e esixibles pendentes de pago.
2.- Modificación por suba do IPC nos tipos de gravame, escalas de coeficiente, tarifas ou cotas tributarias das seguintes Ordenanzas Fiscais:
I1 reguladora do Imposto sobre Bens Inmobles
I2 reguladora do Imposto sobre Actividades Económicas
I3 reguladora do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica.
I4 reguladora do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras.
T7 reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos a instancia de parte.
T8 reguladora da taxa por tramitación de licencias ou autorizacións administrativas de autotaxis e demáis vehículos de aluguer.
T10 reguladora da taxa por tramitación de licencias urbanísticas esixidas pola lexislación do solo e ordenación urbana, e por tramitación de Proxectos de Urbanización, autorización de guindastres, segregacións e agregacións.
T11 reguladora da taxa por tramitación de licencias de apertura de establecementos.
T13 reguladora da taxa por utilización de instalacións deportivas.
T14 reguladora da taxa pola prestación do servizo de Cemiterios Municipais, conducción de cadáveres e outros servizos fúnebres de carácter local.
T15 reguladora da taxa por colocación de tuberías, fíos conductores e cables en postes ou en galerías de servizo de titularidade do Concello de Ribadeo.
T16 reguladora da taxa polos servizos de sumidoiros, tratamento e depuración de augas residuais, incluida a vixilancia especial de sumidoiros particulares.
T17 reguladora da taxa pola recollida de lixo.
T18 reguladora da taxa por distribución de auga.
T20 reguladora da taxa polo servizo de matadoiro.
T22 reguladora da taxa pola retirada de vehículos da vía pública ou terreos adxacentes e o seu traslado ao depósito municipal e inmovilización de vehículos que se atopen estacionados en forma antirregulamentaria sen perturbar gravemente a circulación.
T26 da piscina municipal.
T28 reguladora da taxa pola prestación dos servizos de vertedoiro de derrubos da construcción.
3.- Modificación da Ordenanza fiscal número T1 reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local, inclusive rúas, camiños e demáis vías públicas locais, para a instalación e reparación de canos, conduccións e outras instalación, así como calquera remoción de pavimento ou beirarrúas na vía pública.
4.- Modificación da Ordenanza fiscal número T2 reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local consistente na ocupación de terreos de uso público con mercancías, materiais de construcción, entullos, valos, puntais, asnillas, andamios e outras instalacións análogas.
5.-Modificación da Ordenanza fiscal número T3 reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local consistente na entrada de vehículos a través das beirarrúas e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehíuclos, carga e descarga de mercancías de calquera clase,
6.-Modificación da Ordenanza fiscal número T4 reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local mediante elementos constructivos.
Page 3
7.-Modificación da Ordenanza Fiscal número T5 reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do subsolo, solo e voo do dominio público local.
8.- Ordenanza fiscal número T6, reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público con elementos con finalidade lucrativa que deroga e substitúe a actualmente en vigor.
9.- Modificación da Ordenanza fiscal número T9 reguladora da taxa pola prestación de servizos especiais motivados pola celebración de
espectáculos públicos, grandes transportes, pasos de caravana e calquera outras actividades que esixan tales servizos.
10.- Modificación da Ordenanza fiscal número T19, reguladora da taxa polo servizo de mercado, coa eliminación das tarifas superior e inferior para os postos interiores e fixos e a inclusión da taxa específica para productores locais.
11.- Aprobación da nova redacción dos artigos 4, 6 e 7 da Ordenanza Fiscal número T21 reguladora da taxa por ensinanzas especiais en
establecementos docentes e públicos. Escola de Música e Danza. Escolas Deportivas Municipais. Actividades deportivas no rural., así como aprobación das novas tarifas nela reguladas.
12.- Aprobación da modificación do tipo de tributo de prezo público a taxa e suba do IPC da Ordenanza Fiscal número T23 reguladora da taxa polos servizos da Biblioteca Municipal.
13.- Aprobación da modificación do tipo de tributo de prezo público a taxa, suba do IPC e modificación do obxeto da Ordenanza Fiscal número T24 reguladora da taxa pola utilización ou reserva de espazos públicos e inmobles de uso público no Concello de Ribadeo (antes pola utilización do auditorio)
14.- Aprobación da modificación da tarifa regulada na Ordenanza Fiscal número T25 reguladora da taxa do servizo de celebración de vodas
civís
15.- Reclamación formulada á aprobación inicial da Ordenanza municipal de incremento de valor dos terreos de natureza urbana.
16.-.Conta Xeral do exercicio 2010

























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



