VIVEIRO .- O equipo do IES Vilar Ponte de Viveiro foi finalista da II Liga Galega de Debate na que competiron un total de 48 equipos de centros educativos de toda Galicia; os integrantes do equipo levaron cadansúa Wii. O IES Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, foi o gañador.
A Liga Galega de Debate é unha iniciativa da dirección Xeral de Xuventude que ten como obxectivo fomentar entre os estudiantes galegos os debates de competición, é dicir, enfrontamentos dialécticos nos que dous equipos se enfrontan defendendo a postura a favor ou en contra dun determinado tema.
Fonte
O IES Rosalía de Castro, de Santiago, proclámase gañador da II Liga Galega de Debate organizada pola Dirección Xeral de Xuventude
Os gañadores disfrutarán, xunto con outros compañeiros do seu centro, dunha viaxe polo País Vasco e recibirán tamén un ordenador portátil
Os integrantes do equipo finalista, do IES Vilar Ponte de Viveiro levaron cadansúa Wii
Ana Ferreiro, do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, de Lugo, nomeada como mellor oradora da competición
Un total de 240 rapaces e rapazas de toda Galicia participaron na competición, que se desenvolveu en Santiago
Santiago, 2 de febreiro de 2009.- O equipo do IES Rosalía de Castro, de Santiago de Compostela, converteuse hoxe no gañador da II Liga Galega de Debate, unha competición intelectual con formato deportivo organizada pola Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.
O equipo campión foi galardonado cunha viaxe polo País Vasco e un ordenador portátil para cada integrante do equipo. Ademais, outros 40 alumnos do seu mesmo centro disfrutarán tamén desa mesma viaxe. O segundo clasificado desta competición, o IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, de Lugo, obtivo unha Wii para cada integrante do equipo. A Dirección Xeral de Xuventude repartiu tamén agasallos para a mellor oradora da competición, que recaeu en Ana Ferreiro, do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, que levou unha cámara fotográfica dixital de 8 megapíxeles; e para a segunda mellor oradora, Elena Castro, do IES Rosalía de Castro, que foi premiada cun reprodutor Bluy-Ray. Ademais, todos os participantes na competición foron obsequiados dun penDrive de 2Gigas e entre todos eles sorteáronse tamén 5 equipos NetBook.
Nesta II Liga Galega de Debate competiron un total de 48 equipos de centros educativos de toda Galicia. O obxectivo: fomentar entre os estudantes galegos os debates de competición, é dicir, enfrontamentos dialécticos nos que dous equipos se enfrontan defendendo a postura a favor ou en contra dun determinado tema. ¿Están as Administracións públicas afrontando eficazmente o problema do consumo de drogas (legais e ilegais) nos adolescentes?: Este foi o tema sobre o que arrincou a última fase da competición na que se enfrontaron os equipos finalistas. O equipo de xuíces estivo formado por destacadas personalidades no eido da comunicación e o dereito, así como expertos e campións en diversas competencións de debates.
Competición para a formación
O director xeral de Xuventude, Rubén Cela, foi o encargado de clausurar esta mañá, logo do acto de entrega de premios, a segunda edición desta competición dialética. Na súa intervención Cela salientou a grande acollida que a iniciativa tivo entre os centros educativos e entre os estudantes, o que fixo que a convocatoria resultase todo un éxito. A posta en marcha de iniciativas deste tipo son, a xuízo do director xeral de Xuventude, unha oportunidade única para que os mozos poidan aprender unha actividade beneficiosa para a súa formación integral, ao tempo que teñen a ocasión de dar a coñecer as súas opinións e experiencias sobre a actualidade do país.
Certame único
A II Liga Galega de Debate é unha competición sen precedentes no país, unha actividade con formato deportivo e contido intelectual na que tomaron parte este ano 240 estudantes de todo o país, o que a convertiu tamén nun punto de encontro para mozos e mozas de toda Galicia. Trátase dunha actividade clave para a formación integral dos estudantes, na que poderán desenvolver capacidades útiles para a súa vida académica, profesional e persoal.
Na II Liga Galega de Debate, estudantes de 1º e 2º de Bacharelato das catro provincias galegas tiveron a oportunidade de facerse escoitar, demostrar o seu potencial e vivir unha experiencia única fóra das aulas. Dende Xuventude considérase esta iniciativa un complemento perfecto para a formación dos mozos e mozas á marxe dos seus plans de estudo, xa que os debates permiten o desenvolvemento de habilidades sociais e persoais como a expresión oral, o traballo en equipo, a busca de información, o saber falar en público, o respecto ou a tolerancia.
Cada equipo de debate estivo composto de catro debatentes e un capitán. Dos catro debatentes, dous actuaron como oradores e dous como investigadores, funcións que puideron variar dun debate a outro.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



