Nota de prensa
A Deputación executou o 75% das obras do Plan de Pequenas Infraestruturas, que mantén 120 empregos na provincia
– Martínez salienta que con esta programación a institución aforra cartos ós 54 municipios beneficiados -os de menos de 5.000 habitantes-, ó asumir o 68% dos custes, -máis de 1 millón de euros-, ó tempo que dota ós veciños de novos e necesarios servizos
– A Xunta de Goberno aprobou as contas xustificativas de 25 obras do Plan de Comunidades Veciñais acometidas en 16 Concellos por valor de 280.625 euros
– A Deputación achega 75.000 000 euros ó Concello de Castro de Rei para adquirir o mobiliario e o equipamento do que carece o centro cultural de dita localidade chairega
O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, avanzou este venres que das 60 obras que contempla o Plan de Pequenas Infraestruturas para municipios de menos de 5.000 habitantes, a Deputación executou 44, é dicir, preto do 75%. Martínez destacou que “con estes traballos cumprimos varios obxectivos:
1.-“Aforramos cartos ós Concellos, ó asumir preto do 68% dos custes destas actuacións”. Están dotadas de 1,5 millóns de euros, dos cales a institución provincial achega 1.042.307 euros e os municipios 493.297 euros, polo tanto o 32%.
2.- “Mantemos postos de emprego nun sector tan afectado pola crise como é o da construción xa que un total de 120 persoas (capataces, peóns ou maquinistas) traballan na execución destes traballos”.
3.- “E dotamos de novos e necesarios servicios ós veciños”. Estes consistiron en iluminacións e sinalizacións de núcleos urbanos, melloras de accesos rurais, pavimentacións de vías, instalación de redes de saneamento de augas ou construción de beirarrúas, entre outros.
O tamén Deputado de Xestión Territorial explicou que 54 Concellos se benefician desta iniciativa. Son 13 máis que nas convocatorias anteriores, ó incluír ós municipios afectados polo canon hidroeléctrico logo de liquidar esta débeda histórica. Estes son: Abadín, Alfoz, Antas de Ulla, Baleira, Baralla, Barreiros, Becerreá, Begonte, Bóveda, Carballedo, Castroverde, Cervantes, Cervo, O Corgo, Folgoso do Courel, A Fonsagrada, Friol, Guntín, O Incio, Láncara, Lourenzá, Meira, Monterroso, Muras, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, As Nogais, Ourol, Outeiro de Rei, Palas de Rei, Pantón, O Páramo, A Pastoriza, Pedrafita do Cebreiro, Pobra do Brollón, Pol, A Pontenova, Portomarín, Quiroga, Rábade, Ribas de Sil, Ribeira de Piquín, Riotorto, Samos, O Saviñao, Sober, Taboada, Trabada, Triacastela, O Valadouro, O Vicedo, Xermade e Xove.
Acordos da Xunta de Goberno
A Xunta de Goberno aprobou as contas xustificativas de 25 obras do Plan de Comunidades Veciñais levadas a cabo en 16 Concellos da provincia por valor de 280.625 euros, dos cales a institución aportou o 65%. (180.850 euros). As actuacións realizadas foron as seguintes: apertura de camiños en San Esteban de la Mota e rehabilitación de fonte pública en San Román da Retorta (Guntín); mellora de camiño rural en Carballiño (Vilalba); acondicionamento da área recreativa de Vilamar, da entrada ó centro social de Villarmatín, e canalización de augas en San Miguel (Barreiros); equipamento do parque biosaludable de Chorente (Bóveda); acondicionamento exterior e interior da igrexa de Azúmara (Castro de Rei); arranxo e mellora da pista de tenis (Foz); peche perimentral do campo da festa en San Salvador de Outeiro, substitución e acondicionamento do depósito de auga e instalación de fosa séptica en Portanova-Fontamaior (Lugo); apertura e arranxo do camiño entre Corvaceiras e Irimia en Irimia Alta (Meira); mellora da pista de acceso As Fontes (As Nogais); reparación de accesos nas Xuncas e O Porcado, construción dun forno no cemiterio en Xerdiz e reparación nos accesos de O Vilar e Leborada (Ourol); afirmado do camiño de Suar a Celman, canalización e traída de auga en Parades (Paradela); muro e arranxo de bancos en Cedofeita (Ribadeo); acondicionamento da fonte e camiño de Espasande de Arriba e das fontes de Teixeiro (Riotorto); arranxo de camiño en Vilela (Taboada); mellora da fonte en Mansián (O Valadouro); rehabilitación da escola habanera en Tardad (Vilalba); e acondicionamento da zona deportiva en Landrove (Viveiro).
Centro cultural de Castro de Rei e Km0
A insitución tamén acordou achegar 75.000 euros ó Concello de Castro de Rei para adquirir o mobiliario e o equipamento do que carece o centro cultural da localidade chairega. Trátase dunha infraestrutura que acolle un auditorio, unha biblioteca, así como varias salas de usos múltiples que empregan centos de persoas que integran distintas asociacións de veciños e culturais. É o caso do banda de gaitas Valudos ou da Xuntanza, o colectivo de Mulleres Rurais máis grande da provincia con 300 persoas.
Por outra banda, na sesión tamén se aprobou adicar 64.800 euros dos fondos europeos de Lug02, dotado con 6,5 millóns de euros, para a contratación do servizo de transporte do programa medioambiental Km0.Deputación de Lugo para 2011 e 2012. Martínez subliñou que “trátase dunha actuación coa que, por un lado, garantimos a continuidade dunha exitosa iniciativa na que, dende a posta en marcha da súa 4º tempada a mediados do mes de setembro e ata hoxe, xa participaron 2.600 persoas que redescubriron a riqueza da provincia mediante 127 rutas guiadas pola totalidade dos Concellos lugueses. Ademais, estamos a manter postos de traballo”. A colaboración entre a Deputación e os provedores de Km0 (comerciantes, artesanos, autónomos, hostaleiros…) contribúe a que máis de 300 lugueses teñan emprego.
Corte ó tráfico na CP 1604
O Deputado de Xestión Territorial informou que, con motivo do inicio das obras de substitución do taboleiro da ponte sobre o río Tordea situada na CP-1604 por Pedrafita e Castrillón a Franqueá, concretamente á altura do punto quilométrico 2,557, no termino municipal do Corgo, a institución pechará ó tráfico este treito dende o vindeiro mércores, 16 de novembro, e ata o 9 de xaneiro, habilitando itinerarios alternativos correctamente sinalizados.























Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.



