Nota de prensa
“Os socialistas non poden ser parte da solución porque foron parte fundamental do problema”
• Joaquín García Díez asegurou durante o mitin desenvolvido en Ribadeo que “a debilidade” que amosaron os socialistas para defender os intereses dos pescadores pode “facerse extensiva a todos os sectores productivos”
Ribadeo, a 14 de novembro de 2011.- O goberno socialistas amosouse moi débil na defensa dos intereses dos pescadores españois en xeral, e dos galegos e lucenses en particular, á hora de negociar a Política Pesqueira Cómún. “Tanto é así”, segundo explicou Joaquín García Díez, “que a proposta de regulamentos de reforma da PPC que fixeron non contén ningunha das principais reivindicacións dos nosos pescadores”.
O cabeza de lista ó Congreso pola provincia de Lugo insistiu durante o mitin desenvolvido en Ribadeo, no que tamén interviñeron o seu compañeiro de candidatura Jaime de Olano e Alfonso Rueda, que os socialistas deron ás costas ó sector pesqueiro, “en todos os sentidos e en todos os ámbitos”, e fixeron oídos xordos a todos os seus problemas “só foron capaces de plantexar parches que despois nin sequera chegaron a aplicar. E un exemplo ilustrativo é o Plan estratéxico de acuicultura”.
Para García Díez non hai dúbida de que quen non foi capaz antes, tampouco o será depois; de que quen non foi capaz de detectar a crise, recoñecela e actuar coa premura e a eficacia que as circunstacias requerían, tampouco será capaz de solucionar o desastre do que é corresponsable. Na súa opinión, “os socialistas non poden ser parte da solución porque foron parte fundamental do problema”.
Neste senso, o cabeza de lista dos populares á Cámara Baixa non dubidou en pedir o voto para o Partido Popular porque “representa a alternativa que necesita España”. “Dos socialistas”, dixo, “non podemos agardar ningunha solución que nos permita otear aínda que só sexa algo de claridadade ó final do túnel”.





















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



