Nota de prensa
ANTE AS INXURIAS DA XUNTA DE GALICIA, A DEPUTACIÓN INFORMA:
1.- A Deputación de Lugo é a única Administración responsable das Reservas da Biosfera de Terras do Miño e dos Ancares Lucenses dende que esta institución solicitou e acadou a súa declaración o 16 de decembro de 2002 e o 26 de outubro de 2006, respectivamente. Por este mesmo motivo, a Xunta de Galicia e o Principado de Asturias son ós únicos responsables da Reserva do Río Eo-Oscos-Terras de Burón.
2.- A lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade obriga que a institución responsable das Reservas -no caso das de Terras do Miño e Os Ancares Lucenses a Deputación de Lugo- cree os Órganos de Xestión das Reservas nuns prazos concretos. É por iso, que o Pleno provincial, contando coa representación de todos os grupos políticos (PSOE, PP e BNG) aprobou en xaneiro de 2011 os regulamentos dos Órganos Xestores. Estes estiveron expostos ó público durante un mes sen presentarse alegación algunha. Finalmente, publicáronse en abril no Boletín Oficial da Provincia, entrado en vigor.
3.- Neste regulamento, a Deputación, voluntariamente, ofrece participar nos Órganos de Xestión ás Administracións, entidades e asociacións interesadas, na búsqueda do máximo consenso e unidade en todo o vinculado ás Reservas da Biosfera. Razón pola que non só convidou ó Goberno Autonómico senón ós Concellos e ó Goberno Central, por exemplo. Todas as invitacións, sen excepcións, foron enviadas a través dos Rexistros Oficiais correspondentes.
4.- A Xunta de Galicia non debería xustificar a súa ausencia na reunión de constitución dos Órganos de Xestión das Reservas da Biosfera inxuriando á Deputación de Lugo e amosando un grave descoñecemento do Regulamento Estatal das Reservas da Biosfera.
5.- A Deputación mantén a súa oferta de participación á Xunta de Galicia, e pídelle que, logo de anos de estancamento, axilice a posta en marcha dos Órganos de Xestión da Reserva do Río Eo-Oscos-Terras de Burón, cuxas únicas administracións responsables é a Xunta e o Principado de Asturias.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



