Nota de prensa
O Orzamento para 2012 de SUPLUSA contempla a construción das residencias á espera de que a Xunta concerte prazas
– Besteiro anuncia que mañá se aprobará o Presuposto de 6,2 millóns de euros ós que se lle engaden os 15,3 millóns dos centos para maiores. “Non pedimos axuda para construír as residencias porque xa o imos a facer nós, senón o mesmo trato que ás empresas privadas”
– A Deputación condiciona a creación de polígonos ó compromiso dos Concellos que deben garantir a ocupación, dotalos de servizos básicos e aprobar os Planeamentos Urbanísticos
– A institución transformará o Taller Mallo de Begonte nun centro de formación profesional de canteiría, construción e rehabilitación. Ademais habilitará locais para os emprendedores
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou hoxe que o Consello de Administración da Sociedade Urbanística Provincial (SUPLUSA) aprobará este venres o seu Orzamento para 2012 que suma 6.184.748 euros. Esta cantidade engádese ós 15,3 millóns de euros dos que xa dispón a institución para iniciar a construción das 12 residencias con centros de día na provincia, á espera de que a Xunta concerte prazas. Gómez Besteiro salientou que “non pedimos á administración galega con competencias directas en benestar axuda para a construción dos centros da terceira idade porque xa o imos a facer nós, senón que lle solicitamos colaboración, concertando prazas tal e como se comprometeu a facer publicamente en varias ocasións, a última vez antes das eleccións municipais, dándonos ó mesmo trato que ás empresas privadas”.
O Presuposto para o vindeiro ano é ademais, sensiblemente inferior ó de 2011, que era de 7 millóns de euros, debido, principalmente, a que o organismo provincial non tivo que recorrer á financiación externa para acometer ditos equipamentos e dotacións sociais. O seu obxectivo é fixar poboación no rural, potenciando o benestar social e o emprego. Segundo datos do Instituto Galego de Estatística, Lugo perdese 18.000 habitantes na última década, cifra que se duplicará, ata sumar 25.500 lucenses menos en 2021, de non poñer freo a esta situación.
O titular provincial destacou que se fará fronte á sangría demográfica creando unha rede de residencias da terceira idade con centros de día en Concellos de todas as cores políticas. Isto suporá, a creación de 400 empregos directos e indirectos no rural, así como 500 novas prazas residenciais para facer fronte ó déficit que sofre a provincia nesta materia. Segundo o Mapa Galego de Equipamentos Sociais da Xunta, Lugo conta con 2.500 prazas menos das que lle corresponde, tendo en conta o número de maiores de 60 anos, que representa a terceira parte da poboación luguesa. Lugo é ademais, a provincia galega, logo de Ourense, co menor número de prazas públicas. Ten 1.519 fronte, por exemplo, ás 2.345 da Coruña.
Os Concellos onde a Deputación construirá os centros para maiores son: Trabada, Pol e Castroverde, onde xa están adxudicadas as obras á espera de recibir a documentación das empresas para iniciar os traballos; Meira, Guitiriz, Pedrafita, Rivas do Sil e A Fonsagrada, onde están iniciados os procesos de contratación dos traballos; Navia de Suarna e O Saviñao, estanse a ultimar os proxecto dos complexos; Riotorto e Pobra do Brollón, municipios que están tramitando a cesión dos terreos.
Compromiso dos Concellos para o desenvolvemento urbanístico
Besteiro destacou que a Deputación condicionará a creación de polígonos “ó compromiso real dos Concellos”. Estes deben aprobar os Planeamentos Urbanísticos, dar cumprimento os convenios asinados co organismo provincial para que doten ás áreas industrial de servizos básicos tales como luz ou agua e, sobre todo, garantir a ocupación das parcelas. “Ten que existir un compromiso pro-activo para xenerar demanda empresarial co fin de que non existan polígonos baleiros como o das Gándaras. O mellor exemplo é Monforte, onde soubemos aproveitar a demanda de Pacadar para situar no Reboredo a súa nova factoría”, destacou o Presidente.
A institución dispón de 5,5 millóns de euros para o desenvolvemento urbanístico. O organismo provincial executou 6 polígonos que suman máis de 500.000 metros cadrados, superando os 12 millóns de investimento, e posibilitando o asentamento dunhas 40 novas empresas. Na actualidade, está a piques de finalizar as obras das áreas industriais de Chantada e Castroverde, levando a cabo as de Paradela, mentres ten listas as de Begonte, Baleira, Ourol e Friol.
PACADAR
SUPLUSA mercará ou, se fose necesario, expropiará o vindeiro ano as 2 derradeiras parcelas necesarias para que PACADAR sitúe a súa nova factoría en Monforte, xerando 100 postos de traballo directos na Comarca de Lemos e combatendo a safría demográfica que padece esta zona, a que sufriu un maior retroceso poboacional en Lugo o ano pasado con 3.000 habitantes menos. A Deputación conta xa con 140.000 metros cadrados nas proximidades do Reboredo. De xeito paralelo, a Xunta e o Concello de Monforte deberán tramitar as licenzas correspondentes para converter o solo rústico en urbano. Posteriormente, SUPLUSA redactará o proxecto para comezar a executado en 2012. Finalmente, venderanse os terreos a PACADAR a 12 euros por metro cadrado. Trátase dun prezo competitivo que representa a suma dos custes de adquisición e urbanización, facendo que os beneficios para a Deputación sexan cero.
“Iniciativa educativa de futuro”
A Deputación adicará de 600.000 euros do presuposto de SUPLUSA para 2012 na transformación do Taller Mallo de Begonte nun centro educativo de Formación Profesional sobre os sectores da canteiría, rehabilitación e construción, así como en locais onde os emprendedores poidan desenvolver a súa actividade. “É unha iniciativa educativa de futuro fronte ós recortes nesta materia do Goberno galego. Somos conscientes do xiro en prol da rehabilitación para a xeración de novos postos de traballo. Ademais, tamén é un proxecto encamiñado a recuperación do Patrimonio histórico”. Deste xeito, trátase dun proxecto enmarcado nas apostas da institución pola formación para a inserción laboral e polo impulso dos autónomos coa que dita instalación, que conta con 5.000 metros cadrados, gaña funcionalidade pública. O Taller de Mallo, que foi adquirido en 2003 para desenvolver o polígono de Begonte, acolle na actualidade a traballadores de SUPLUSA que, aproveitando o equipamento deste taller de canteiría, realizan traballos de pedra.
Outras partidas
Para o coidado e mantemento das áreas verdes da provincia xestionadas pola institución mediante SUPLUSA e que suman un total de 1.200.000 metros cadrados, adícanse 1.237.575 euros o vindeiro ano. Ademais, tamén se iniciará a recuperación da Casona do Incio con outros 50.000 euros.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



