Nota de prensa
O CONCELLO RESERVARÁ 65.000 METROS CADRADOS DE SOLO DOTACIONAL NO PXOM PARA A FUTURA AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DA COSTA. GONZÁLEZ BARCIA XA LLO COMUNICOU Á CONSELLEIRA DE SANIDADE, PILAR FARJAS.
Burela, 18 de novembro de 2011. O Concello reservará 65.000 metros cadrados de solo dotacional no PXOM para a futura ampliación do Hospital da Costa. O alcalde de Burela, José María González Barcia, xa lle comunicou a nova á conselleira de Sanidade, Pilar Farjas.
O rexedor dixo que “nós xa fixemos os deberes e reservaremos unha zona de aproxidamente 65.000 metros cadrados como solo dotacional dentro do plan xeral de ordenación municipal para a ampliación do Hospital da Costa. A Consellería de Sanidade terao á súa disposición para proceder á ampliación deste centro”. González Barcia indicou que “isto corrobora o compromiso que nós temos como equipo de goberno e o compromiso que ten a Xunta co Hospital da Costa”.
O alcalde burelés declarou que “este non é un proceso que se pechará a corto prazo. Hai que ser conscientes de que nós temos aínda pendente a aprobación inicial do PXOM, pero o que sí é certo é que non seríamos previsores senon fixésemos esta reserva de solo dotacional dentro do documento que marcará as posibilidades e o desenvolvemento urbanístico que poida ter Burela nos vindeiros vinte ou vintecinco anos”.
José María González Barcia manifestou que “os técnicos do Concello e do equipo redactor do plan teñen traballado durante estes días cunha profesionalidade demostrada e este asunto xa lle foi posto enriba da mesa á Consellería. Xa lle dixemos a Pilar Farjas a superficie que imos reservar para a ampliación do Hospital da Costa e agora hai que agardar a que os trámites administrativos sexan os que teñen que ser”. E recalcou que “nós temos que aprobar inicialmente o PXOM, non oculto que este proceso leva o seu tempo e confío en que a Xunta, cando o estime oportuno dentro do seu calendario de obras do Servizo Galego de Saúde, programe a ampliación do Hospital da Costa”.
Barcia indicou que “agora toca tentar seguir en contacto coa propia consellería para que os trámites se axilicen o máximo posible. E nós desde o Concello tamén axilizaremos esa aprobación inicial do PXOM”.
Críticas do PSOE
O alcalde tamén se referiu ás críticas vertidas nas últimas horas por parte do deputado provincial do PSOE, José Ramón Val Alonso, sobre a ampliación do Hospital da Costa, “non o entendo moi ben, porque o señor Val Alonso nin como concelleiro de Foz nin como deputado provincial nunca fixo ningunha petición expresa sobre o Hospital da Costa. O señor Val Alonso, ao que respeto persoalmente, na súa época de delegado provincial de Pesca a súa labor foi bastante oscura e nunca o teño oído pronunciarse durante a Xunta bipartita sobre dita ampliación, máis todo o contrario o PSOE nalquel momento calaba a boca e non falaba absolutamente nada sobre esto”.
González Barcia considera que “si él di que esto é electoralista, podíase pensar que saise a falar do asunto algún candidato do PSOE, pero sae él. Val Alonso sae porque o nº 4 do PSOE ao Congreso e ex alcalde de Burela non pode decir nada ao respecto porque prometeu dúas veces en pleno no Concello un investimento de 7 millóns de euros por parte da Xunta bipartita para a ampliación do Hospital da Costa. Eso non chegou a cumprirse en ningún momento, a inversión da Xunta bipartita no centro hospitalario foi de cero euros”. O rexedor burelés pensa que “hai que ser serios e decirlle ao señor Val Alonso que aínda que estamos nun proceso electoral non ten que olvidarse de que as administracións seguen traballando, especialmente aquelas que non están suxeitas a unhas eleccións, a Xunta ten que seguir o seu traballo habitual e o Concello de Burela tamén e non podemos andar con estas tonterías. Si a min me pide a Consellería de Sanidade algo teño que entender que esa petición é feita desde o rigor e desde a seriedade e eu como alcalde de Burela, onde está ubicado o Hospital da Costa, tamén teño que actuar con rigor e con seriedade e eso é o que estou a facer”.
O alcalde de Burela cre que “as críticas de Val Alonso están fora de lugar, sinto que se meta nesta refriega cando nunca tivo nin arte nin parte en ningún asunto que tivese que ver co Hospital da Costa, pero de repente lle dixeron que tiña que falar e xa vemos cómo fala. O PSOE non nos pode dar leccións sobre o Hospital da Costa, aquí quen está a dar pasos é administración presidida por Alberto Núñez Feijóo e o Concello de Burela cun equipo de goberno do PP. Outros puideron facer o mesmo no seu momento, pero non o fixeron. E eles serán os que lle teñan que explicar aos veciños de Burela e aos cidadáns da Mariña por qué non fixeron os trámites para facilitar a ampliación do Hospital da Costa”.
Barcia agarda que “co paso do tempo se faga esa obra atendendo a criterios de funcionalidade e ao plan director, que xa adianto, é moi probable que se elabore en breve























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



