Xoves 24 de novembro, ás 20.30 h., no Teatro Pastor Díaz, Bengala Producións escarificará a obra “39 veces chao. Si algún día esta muller morta.” de Miguel Sande. Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Viveiro e Patrocina: Vicepresidencia Primeira da Deputación Provincial de Lugo. Por outra parte o sábado 26 de novembro de 2011 no Teatro Pastor Díaz, ás 21.00 h celebrase un concerto da banda Municipal de Música de Viveiro, na honra de Santa Cecilia, dirixido por Delio Represas Carrera.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



