Nota de prensa
XAVIER CAMPOS ASEGURA QUE O CONCELLO ESTÁ INMERSO NUN PROCESO DE DEFINICIÓN DOS USOS QUE TERÁ A CASA DAS ALGAS. DITAS INSTALACIÓNS SERÁN INAUGURADAS NUNS MESES. O EDIL DE MOCIDADE SUBLIÑOU QUE O PROXECTO PRESENTADO O SÁBADO, SONDA NORTE, ESTÁ CENTRADO NA XENTE NOVA DE RIBADEO.
Ribadeo, 29 de novembro de 2011. O concelleiro de Mocidade e Sociedade da Información, Xavier Campos, asegura que a presentación de Sonda Norte non serviu para inaugurar a Casa das Algas. O edil nacionalista subliñou que o Concello están nun proceso de definición dos usos que poderán ter esas instalacións e que pasarán pola posta en valor da ría de Ribadeo e do seu entorno. Xavier Campos recalcou que Sonda Norte é un colectivo cultural centrado na xente nova de Ribadeo, que precisaba dun apoio específico, un proxecto no que colaboran as Concellarías de Mocidade e Cultura.
Campos lembrou que “este sábado presentamos unha iniciativa nova, a creación dun colectivo cultural centrado na xente nova de Ribadeo, que se chama Sonda Norte. Entendemos que desde hai anos todo o importante dinamismo cultural que ten Ribadeo está sendo apoiado desde o ámbito da Concellaría de Cultura e tamén que unha serie de colectivos e de axentes que veñen traballando desde hai moitos anos na cultura de Ribadeo son merecentes de todo o apoio que desde o propio Concello se lles pode dar”. O edil de Mocidade engadiu que “tamén viamos que quizáis o ámbito da xente máis nova precisaba dun apoio máis específico e aí é onde xurde esta iniciativa que parte da Concellaría de Mocidade en colaboración coa de Cultura, centrada na visibilidade da creación dos mozos e mozas de Ribadeo”.
Xavier Campos dixo que “a presentación do sábado tivo lugar na Casa das Algas, na rehabilitada fábrica de algas da Vilavella. Non foi en ningún caso unha inauguración dese espazo nin moito menos, ese espazo será inaugurado nun futuro dentro duns meses. Agora mesmo o Concello está nun proceso de definición de cales serán os usos finais que terá a Casa das Algas, pero que en calquera caso estarán centrados, con toda seguridade, na posta en valor do que é a ría de Ribadeo e o seu entorno paisaxístico e medio ambiental tanto para os veciños e veciñas de Ribadeo como para os que no visiten a todos os niveis, histórico, socioeconómico, medioambiental, etc”.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



