Nota de prensa
RIBADEO ACOLLERÁ DO 3 AO 8 DE DECEMBRO A NOVENA EDICIÓN DO MERCADO DO NADAL, NO QUE SE DARÁN CITA MÁIS DE 30 ARTESÁNS. ANA MARTÍNEZ ANIMA Á XENTE A VISITAR A CARPA INSTALADA NO PARQUE DE SAN FRANCISCO E A DISFRUTAR DE RIBADEO.
Ribadeo, 30 de novembro de 2011. O vindeiro 3 de decembro arrinca en Ribadeo a novena edición do tradicinal Mercado do Nadal, organizado polo Concello de Ribadeo en colaboración coa Área de Turismo da Deputación de Lugo.
A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo, Ana Martínez, convidou “a todos os veciños e veciñas de Ribadeo así coma aos visitantes que se achegan á vila durante as vindeiras pontes, procedentes tanto da Mariña de Lugo coma do Occidente astur ou doutras zonas, a participar neste Mercado do Nadal, que terá lugar nunha carpa situada no parque de San Francisco no centro da vila”. A cita será do 3 ao 8 de decembro e o horario de visita será de 11 a 14 horas polas mañás e de 17 a 21 horas polas tardes.
A edil nacionalista sinalou que “a presente edición acollerá a máis de 30 artesáns, procedentes na meirande parte de Asturias e de Galicia, converténdose así nun escaparate para estes profesionais ao tempo que se converte tamén nun atractivo máis para que a xente se achegue a disfrutar de Ribadeo. Os stands dos artesáns comprenderán diversos oficios, ademáis de produtos alimenticios e manufacturados, pero cun elemento en común o arte de feito a mán, que é fundamental para poder participar como artesán neste mercado. Así haberá doces, embutidos, mel, coiro, xoiería, barro, papel, prata, tecidos, olería, cerería, ou madeira”.
Martínez explicou que “tamén contaremos para animar o Mercado do Nadal con actividades diversas dirixidas a todo o público dentro da mesma carpa”. O sábado, 3 de decembro, ás 11:30 da mañá haberá un obradoiro de cestaría tradicional, que se prolongará ao longo da tarde para que a xente poida rematar os seus traballos, e a partires das 19:30 horas haberá unha actuación de danza a cargo da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. O 4 de decembro ás 18:30 horas será tempo de escoitar un contacontos con Antón Castro, membro de Fuxan os Ventos, e o 5 de decembro ás cinco da tarde terá lugar un novo obradoiro de cestaría urbana, “para participar neste taller é necesario traer da casa refugallos flexibles como cartón, plásticos, tetrabriks, etc” e ás 20 horas haberá un concerto de alumnos da Escola Municipal de Música e Danza de Ribadeo. Para o 6 de decembro ás 17 horas hai previsto outro contacontos, será con Lola Erre que Erre, e para as 18:30 horas un obradoiro de barro. O 7 de decembro ás 17:30 Amigos da Gaita impartirá un obradoiro de baile tradicional e pandeireta e ás oito da tarde o colectivo fará unha exhibición de danza, pandeiretas e gaitas. E o 8 de decembro ás 17:30 terá lugar un obradoiro de impresión de camisetas para nenos. Durante o mercado poderáse visitar a exposición que recolle fotos antigas de Ribadeo e a súa xente, cedidas polos veciños e veciñas dentro do proxecto Ribadeo na Memoria.
A concelleira de Desenvolvemento Local e Turismo anima á xente “a achegarse a Ribadeo a disfrutar do noso concello toda a ponte, a maiores do seu propio atractivo éste acentúase con este Mercado do Nadal, que ven abrindo paso ás festas navideñas”.


















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



