Nota de prensa
CONCELLO DE VIVEIRO
ÁREA DE OBRAS, CULTURA E TURISMO
CONCELLERÍA DE OBRAS, SERVIZOS PÚBLICOS E MAR
NOTA DE PRENSA 01/12/2011
“O Concello de Viveiro, acondiciona o entorno da fonte da Cova Caída e o
aparcamento do Local de Ensaio en Celeiro”
“A actuación realízase iniciativa da Delegación de Obras que dirixe o Tenente de
Alcalde de Viveiro, o nacionalista Bernardo Fraga, coa financiación íntegra da
Deputación de Lugo, mediante o equipo de riego que coordina no Concello de
Viveiro o Concelleiro de Medio Rural Jesús Fdez. Cal”
Esta semana, veñen de rematar os traballos de execución da mellora do entorno da Fonte da
Cova Caída e do Local de Ensaio de Celeiro. A actuación realizada a iniciativa da Delegación de
Obras do Concello de Viveiro, que dirixe o Tenente de Alcalde Bernardo Fraga Galdo, consistiu
na limpeza do entorno da antiga Fábrica de Rivas, a colocación dun firme de grava, para a
posterior realización de varias capas de riego asfáltico nun ancho de estrada de 8 metros, así
como a realización dunha zona de aparcamento frente ao local de ensaio, e frente a antiga
fábrica.
Os traballos foron posibles coa financiación da Deputación de Lugo, mediante a aportación do
equipo de riego asfáltico, que coordina en Viveiro o Concelleiro de Medio Ambiente Jesús
Fdez, de material para os traballos, e a posta a disposición de persoal da Delegación de Obras
e da Delegación de Medio Ambiente de Concello de Viveiro.
Bernardo Fraga declarou “os traballos van dirixidos a mellorar un entorno que se atopaba en
mal estado, debido a falta de limpeza, e con numerosos baches xa que non dispoñía dun firme
en condicións. O lugar é utilizado por moitas veciñas e veciños de Celeiro que circulan todos os
días para recoller auga na Fonte da Cova Caída. Ademais agora, co remate do campo de
fútbol, a actuación permite circular con seguridade en todo o contorno da área dotacional de
Lavandeiras, e garante unha zona de aparcamento para a escola de idiomas frente a antiga
fábrica, e para os usuarios do local de ensaio de Celeiro, frente a este edificio”.























Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



