Nota de prensa
Veiga chama a Xunta a actuar para evitar o desmantelamento económico da Mariña
O BNG reúne ao seu Consello Comarcal para poñer alternativas diante do empeoramento da situación económica na Comarca.
A Mariña, 2 de novembro de 2011. O Bloque Nacionalista Galego volveu denunciar na xornada de hoxe o progresivo deterioro da situación económica na Comarca da Mariña da que son exemplos ben claros, tanto o ERE de extinción en Móbeis Hermida coa perda de máis de 75 empregos, así como o outro ERE de extinción en Finsa Mondoñedo, o que representa a perda doutros 67 empregos, ao que temos que sumar os centos de empregos que se veñen perdendo desde 2009 así como outros tantos negocios que están a fechar na Comarca.
Segundo anunciou o Responsábel Comarcal do BNG,Antonio Veiga “ a gravidade da situación levounos a convocar no dia de hoxe un Consello Comarcal Extraordinario do BNG para analizar a situación que se está a vivir na Mariña, o que require de respostas sociais e políticas, tanto para amortiguar a situación económica daquelas persoas que actualmente se atopan en paro, as persoas que a día de hoxe xa perderon a situación desemprego así como aquelas que están a perder o seu emprego como consecuencia dos procesos de reestruturación empresarial e comercial en marcha. Asemade tampouco podemos deixar de dar alternativas diante do feche continuado de centros de traballo o que pon a nosa zona nunha situación limite e máis cando a coxuntura económica lonxe de mellorar tende a empeorar”.
“Non é de recibo a posición da Xunta de Galiza, co seu silencio e a súa pasividade, nun momento que están a desguazar a Mariña” afirmou Veiga quen demandou da “ admistración autonómica unha implicación clara ao lado daqueles que están a sufrir a crise e que necesariamente debe levar Planos de acompañamento social pero tamén o apoio decidido a alternativas que sexan capaces de crear emprego, fixando garantías para que este sexa real e non só unha coartada para receber diñeiro público. O goberno galego non pode tratar os ERES ou os procesos de reestruturación empresarial como se se tratasen de procedementos admistrativos posto que atrás destas medidas hai centos de dramas persoais pero tamén o feche de alternativas de futuro para a zona. Mesmamente resulta particularmente grave que a grande sangría en termos de emprego se veña dando en actividades económicas que teñen un carácter estratéxico para a Comarca como pode ser o forestal, á construción e tamén aos servizos”.
O Portavoz dos nacionalistas esixiu explicacións a Xunta de Galiza, “ xa que até a data a pesar das iniciativas que temos formuladas no Parlamento de Galiza no caso concreto de Hermida ou de Finsa en Mondoñedo aínda non dixeron esta boca é nosa. A que anda o Goberno Galego?, para que esta a Xunta de Galiza?, se non é capaz, nin quere darlle solucións aos problemas dos seus cidadáns. Tamén é curiosa, e por iso esiximos unha explicación á posición da Inspección de Traballo de Lugo que se desmarca nunha xunta coa representación sindical de Hermida cunha chantaxe en toda regra para condicionar o resultado do ERE. Neste sentido queremos denunciar tamén a posición da Autoridade laboral, neste caso a Dirección Xeral de Relacións Laborais, quen renunciou as súas funcións legais de mediar diante dun conflito laboral. Alén da magnitude dos procesos en Hermida ou en Finsa tamén queremos facer un chamado de atención diante da situación que se está vivir na pequena e na mediana empresa, tamén na de moitos autónomos afogados pola caída do consumo, como consecuencia das políticas de austeridade, e tamén pola falta de liquidez, diante do comportamento dun sector financeiro, que foi rescatado co diñeiro de todos”.
Xa por último Veiga anunciou que “ nos acreditamos no futuro da Mariña e non nos resignamos a que esta comarca sexa un ermo económico sen outra alternativa que a emigración. Hai potencialidades, e sobre esas potencialidades é onde temos que actuar. Tamén é necesario garantir que o crédito chegue aos negocios e por suposto que hai que intervir na demanda agregada para incentivar o consumo, e desde logo temos que parar todo esta avalancha de destrución de emprego, posto que a mesma provoca centos de dramas en homes e mulleres senón que imposibilita escenarios de futuro con crecemento económico”.



















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



