Nota de prensa
AS BIBLIOTECAS MUNICIPAIS DE CERVO CONVOCAN O CERTAME DE POESÍA DE NADAL
Poderán participar nenos e rapaces nalgunha das tres categorías establecidas: ata 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 ata 16 anos con cantos traballos queiran, sempre que cada un deles non superen a extensión dun folio por unha cara e fagan entrega dos mesmo antes do 23 de decembro.
Cervo, 2 de decembro de 2011.- . As Bibliotecas Municipais de Cervo convocaron un ano máis o tradicional certame infantil de poesía de Nadal. Desde a Concellaría de Cultura e Xuventude do Concello de Cervo animan a participar a todos os nenos e rapaces do seu termo municipal nalgunha das seguintes categorías:
A –> ata 8 anos;
B –> de 9 a 11 anos;
C –> de 12 a 16 anos
Cada autor poderá presentar cantos traballos desexe, redactados en galego cunha extensión máxima, cada un deles, dun folio por unha sola cara. Cada traballo, acompañarase dunha folla aparte co nome e demais datos do autor (sobre todo o número de teléfono de contacto).
O prazo de presentación de traballos rematará o 23 de decembro de 2011, debendo ser entregados nas Bibliotecas de Cervo ou San Ciprián. Será na primeira quincena de xaneiro cando se faga entrega dos agasallos correspondentes aos premiados (tres por categoría).
Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do Certame, onde optan ao recoñecemento dentro das mellores poesías da provincia, que serán compiladas nunha publicación.
Os participantes recibirán un diploma acreditativo e, no caso de resultar premiados na fase local, un diploma e un lote de libros.