Nota de prensa
RIBADEO ESTREARÁ EN BREVE A SÚA ILUMINACIÓN DE NADAL. FERNANDO SUÁREZ SUBLIÑOU QUE LLE COSTARÁ AO CONCELLO O 50% MENOS QUE A DOUTROS ANOS.
Ribadeo, 2 de decembro de 2011. Ribadeo estreará en breve a súa iluminación de nadal, segundo anunciaba esta mañá o alcalde. Fernando Suárez subliñou que lle costará ao Concello o 50% menos que a doutros anos.
O rexedor anunciou que “nestes vindeiros días procederemos ao encendido do alumeado de nadal, despois de que a empresa contratada polo Concello remate a súa instalación”.
Suárez Barcia dixo que “é unha iluminación diferente que vai a costar o 50% menos que outros anos, síguea a pagar o Concello de Ribadeo e neste caso alumearemos a travesía, a rúa Rodríguez Murias e a rotonda do Xardín, entre outros puntos”. O alcalde engadiu que “vemos con bós ollos que os comerciantes repartan luces, que costean eles, entre os seus asociados para que adornen os seus escaparates, pero no que ten que ver coa iluminación pública é o Concello o que a costea, aínda que reducimos drásticamente o gasto destinado a este fin”.
Fernando Suárez insistiu que “o alumeado de nadal costará o 50% menos que outros anos. Preferimos recortar nestas cuestións que noutras de maior calado social e agardo que os vecinos nos saiban entender”






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



