Nota de prensa
Os populares ven desproporcionada a sanción de 20.000 euros por permitir colocar varios postes nunha vía provincial
O GPPP denuncia a “pouca seriedade e incoherencia” de PSOE e Bng que votaron de forma distinta no pleno de Cervo e na deputación de Lugo
Para a deputada provincial, Elena Candia: “É indignante é impropio que toda unha vicepresidenta da Deputación careza dun único criterio e que dea bandazos á hora de votar en función do salón no que se produce o debate
Para o GPPP a actitude dos deputados provinciais proba, unha vez máis, que en ambas formacións se toman as decisións movidos únicamente por intereses partidistas máis que na defensa dos intereses dos veciños
Lugo, a 3 de decembro de 2011.- O GPPP de Lugo, denuncia “a falta de seriedade e coherencia” dos deputados socialistas e nacionalistas no debate do último pleno da Corporación Provincial con respecto ao recurso presentado polo Concello de Cervo contra a imposición dunha multa de 20.000 euros por permitir colocar varios postes xunto a unha vía provincial.
Dende o Grupo Provincial do Partido Popular consideran “desproporcionada” a sanción imposta froito dunha “clara persecución política por tratarse dun alcalde popular”. Os populares tamén censuraron a falta de responsabilidade dos concelleiros nacionalistas e socialistas “que votaron no pleno municipal de forma distinta que no pleno da deputación”.
A deputada provincial, Elena Candia, lembrou que os concelleiros nacionalistas, no concello, votaron a favor da solicitude de arquivo do expediente e que os do PSOE abstivéronse. “É indignante é impropio de toda unha vicepresidenta da Deputación careza dun único criterio e que dea bandazos en función do salón no que vota”.
“É incomprensible este tipo de actitudes nas que se ve, ás claras, que o principal interese dos socialistas e nacionalistas é a defensa do posto que ocupan”, matizaron os populares.
Para o Grupo Provincial non é de recibo “que se vote en contra de anular a sanción cando a Deputación, como órgano que debe COOPERAR E ASISTIR aos concellos, prestando unha especial atención aos de menor poboación, está gravando os seus petos cunha multa que non vén á conto”.

















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



