Nota de prensa
O APAGADO DA LUZ NON É DE ABONDO PARA GARANTIR A SOSTENIBILIDADE DO SISTEMA.
O Grupo Municipal do PP no Concello de Ribadeo considere insuficentes as medidas adoptadas polo Goberno Municipal para encarar a grave situación de crise económica pola que atravesan as arcas municipais estando en perigo o pago de prestacións básicas como son as nóminas do persoal do Concello, ou a prestación de servizos sociais básicos tales como a asistencia e a axuda a domicilio, ou o pago do alumeado público…, grave situación da que non se vai poder saír se, dende a Administración Municipal non se adoptan, e dunha vez por todas, medidas de xestión eficaces e eficientes, que garantan unha administración austera e rigorosa, dende a que se racionalice o gasto publico priorizando uns servizos e unhas inversións sobre outras.
Medidas como “o apagado da iluminación do Concello”, aínda que se empece pola casa de un, non deixan de ser actuacións de cara á galería, trala que se oculta a verdadeira incapacidade do Alcalde e o seu equipo de goberno para administrar e xestionar a cousa publica, e da que, contrariamente ao que se nos pretende facer ver, non se vai a obter un grande aforro para o erario público, e da que, paradóxicamente, si pode derivarse un incremento da inseguridade cidadán na nosa vila.
Se ben é certo que a crise económica ven afectando de igual xeito en tódolos ámbitos, incluídos os Concellos, non é menos certo que, a día de hoxe, a situación non é igual de constrinxente para todos, por canto que, mentres dende algunhas Administracións Municipais dende fai tempo se veñen adoptando medidas de xestión dos recursos públicos eficaces e eficentes para facer fronte a esta situación e garantir o sostemento dos seus erarios, dende Concellos como o de Ribadeo, ata de agora, non se fixo nada nese senso, senón que vense xestionando de xeito inútil e ineficaz, dándolle a espalda á realidade, o que se traduce nun agravamento da situación económica dos nosos veciños mediante o incremento das taxas e os impostos municipais ou incluso mediante a aprobación de novas imposicións.
O Grupo Municipal do PP fai tempo que lle ven esixindo ao Alcalde de Ribadeo que adopte as medidas necesarias para garantir a sostenibilidade das arcas municipais, de xeito que permita facer fronte as obrigas de pago contraídas con terceiros e sobre todo que permita garantir a prestación de servizos esenciais para a nosa comunidade, e sen que isto repercuta na economía dos veciños e veciñas, o cal pasa, prioritariamente, por un recorte tanto dos gastos do persoal e asistencias técnicas contratados ao servizo da Alcaldía e do equipo de Goberno así como por un recorte noutras inversións, que, aínda que puideran estar xustificadas, o certo é que resultan prescindibles, e o seu custo económico poderíase destinar a garantir a prestación de aqueles servizos asistenciais dos que, de ningún xeito, se pode prescindir por canto garanten a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas. Neste senso, cumpre suliñar que, na derradeira Sesión de Pleno, cando o Alcalde, a propósito do Plan Concertado de Servizos Sociais da Xunta de Galicia, someteu a consideración da Corporación a súa proposta para entaboar novas accións xudiciais, dende o Grupo do PP pedímoslle que evitara novas contendas xudiciais e que evitara xerar novos gastos innecesarios para o Concello, e que destinara tanto eses cartos así como parte das partidas económicas que foran incluídas nos presupostos municipais para executar outras inversións, a facer fronte ás necesidades en servizos sociais cuxa prestación vese ameazada polos recortes económicos, requerimento que foi contestado e rexeitado iradamente dende as bancadas do equipo de goberno, polo que o Grupo Municipal do PP vese obrigado a lembrarlles que cando se trata de xestionar os caudais públicos débense priorizar uns gastos e unhas inversións sobre outros, garantindo a prestación prioritaria dos servizos sociais básicos, e só cando estos servizos mínimos estean asegurados e fortalecidos é que dende o Concello se pode plantexar a execución doutros proxectos e doutras inversións, que, por necesarias que sexan, seguramente poden esperar para a súa execución a mellor momento.



















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



