A web www.fazouro.com en colaboración con Librería Bahía (Foz) convoca o I Concurso de postais de Nadal. Poderán participar nenos e nenas de entre 0 e 14 anos, distribuídos en dúas categorías (de 0 a 9 anos e de 10 a 14 anos). As postais deberán ter como temática o Nadal e tanto a técnica como os materias son libres. A data límite de entrega de traballos será o 30 de decembro de 2011. Todos os participantes recibirán un agasallo e entre eles escollerase un gañador en cada categoría que terá como premio un vale de 100€ para comprar na Librería-Xoguetería Bahía de Foz.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



