Nota de prensa
FESTIVAL DE PANXOLIÑAS
Nadal 2011
Coro Amigos do Camiño de Santiago (Lugo)
Coral Polifónica Alborada de Viveiro
Domingo 18 de decembro de 2011.
Lugar. Igrexa das Concepcionistas
Hora: 20.30 h.
Organiza e patrocina: Coral Polifónica Alborada de Viveiro
Colaboran: Relixiosas Concepcionistas, Concellería de Cultura do Concello de Viveiro
CORO AMIGOS DO CAMIÑO DE SANTIAGO (Lugo)
Un grupo de 30 socios, aos que o Camiño vai unindo etapa tras etapa, deixando mostras da súa afección ao canto en cada unha delas, e co apoio do seu Presidente, deciden reunirse dous días á semana para compartir as súas cancións, e así, case sen decatarnos, a nosa Coral comeza a súa andaina en Setembro de 2.006, baixo a dirección do profesor D. Miguel Basanta Bal. A súa indumentaria, como peregrinos que son, non podía ser outra que a tradicional capa que o antigo peregrino usaba no seu percorrido ata Santiago. O seu repertorio vai dende cantos medievais a música da terra, cancioneiro de Palacio, vilancicos, zulo, etc.
ANO 2007. No mes de maio, poucos meses despois da súa formación, preséntanse en público nun concerto no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo. Este mesmo ano participan no festival de Panxoliñas organizado polo Concello de Lugo e no festival de Panxoliñas del Ayuntamiento de Taboada.
ANO 2008. Actúan na clausura do Belén electrónico de Begonte; en Sada na festividade de Santa Cecilia e na Casa Galega de Nuremberg (Alemaña). Participan no IV Congreso Internacional dos Camiños de Santiago. Repiten no festival de Panxoliñas do Concello de Lugo e no tradicional festival de Panxoliñas de Villalba.
ANO 2009. Comézano organizando e participando no I Encontro de Corais do Camiño de Santiago, celebrado no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo. Ao longo do ano actúan na Igrexa de La Milagrosa, nun concerto a favor de UNICEF, tamén no Círculo das Artes; no 50 Aniversario da Igrexa de La Nova en Lugo; na novena da Virxe da Esperanza; no Salón de Actos da Xunta de Galicia en Lugo e no Cebreiro como homenaxe a D. Elías Valiña no 20 Aniversario da súa morte. Un ano máis participamos no Festival de Panxoliñas da nosa cidade.
ANO 2010. Organizan e participan no II Encontro de Corais do Camiño de Santiago e actúan nun concerto a favor de UNICEF, ambas as dúas actuacións celébranse no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo. Con motivo da viaxe cultural a Polonia, celebra o seu concerto na cidade de Zacopane. No mes de Xuño actúan na Igrexa de Santa Maria de Meira. Con motivo do ano Santo, e como final de peregrinación, actuán na Igrexa de Santa Maria de las Arenas en Finisterre. Participan en distinas igrexas da capital de Lugo, toman parte na iniciativa da Deputación Provincial de Lugo “Cantar na Rúa”. Pechan o ano, co concerto de panxoliñas, organizado por Concello de Lugo.
ANO 2011 Organizan e participan no III Encontro de Corais do Camiño de Santiago, que un ano máis se celebra no salón Rexio do circulo da artes de Lugo, sendo nesta ocasión a coral invitada, a Polifónica de Quiroga. Ao longo deste ano actuou en varias igrexas do concello, Milagrosa, San Lázaro, Santiago a Nova, etc… Ofreció no mes de setembro un concerto na Igrexa de San Juan de Portomarín.
CORAL POLIFÓNICA ALBORADA DE VIVEIRO
Co nome de Coral Polifónica del Casino de Viveiro e co mecenado de dita Sociedade Cultural e Recreativa, nace a CORAL POLIFÓNICA, no ano 1984, tendo executado o seu primeiro concerto, no Salón Rexio da devandita Sociedade, o día 11 de maio de dito ano.
Con data do 27 de febreiro do 2004, e por acordo unánime de todos os seus compoñentes, contitúese en Asociación independente, baixo o nome de CORAL POLIFÓNICA ALBORADA DE VIVEIRO.
Conta cun completísimo repertorio de música clásica, relixiosa, popular, habaneras, etc… e tendo dado unha multitude de concertos, por terras galegas, asturianas, castelano- leonesas, así como tamén na Bretaña Francesa.
E sobresaínte a súa colaboración nos actos da Semana Santa de Viveiro, interpretando obras de Bach, Victoria, Beethoven, Perossi e outros autores sacros.
Organiza cada ano, coincidindo cas Festas Patronais de Viveiro, un FESTIVAL DE MÚSICA CORAL POPULAR, de moita sona en toda a bisbarra.
Conta na actualizade cunhas 40 voces , baixo a dirección do mestre LUIS VICENTE FERNÁNDEZ PRIETO.
PROGRAMA
No Medio do Inverno…………………………………………………………..Gustav Holst
Letra: Eduardo Lorenzo
Hacia Belén va una burra……………………………………………………………..Popular
Arm: Abel di Marco
Ya viene la vieja………………………………………………………………………….Popular
Arm: E. Cifré
In Dulci Jubilo…………………………………………………………………R.L. de Pearsall
Junto a la Cuna………………………………………………….Melodia: K. M. Reinhardt
Arm: Félix Zabala
We wish you a Merry Christmas……….. …Popular inglesa
Arm: S. di Fondo
PROGRAMA
CANTO DE BERCE R. GROBA
VERBUM CARO CANCIONERO DE UPSALA
NIÑO DIOS GUERRERO
NA NOITE MAIS FERMOSA ABEIJON
DADME ALBRICIAS CANCIONERO DE UPSALA
AL FILO DE MEDIANOCHE …..ANONIMO























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



