Nota de prensa
NADAL 2011
DO 22 DE DECEMBRO AO 5 DE XANEIRO
MIRA E …ESCOLLE!
NADAL DE DEPORTE
Entre 7 e 13 anos
HORARIO: de 11.30 a 13.30 h
NO PAVILLÓN :
26: Baloncesto
27 : Balonmán
28: Fútbol sala
NO CEIP GREGORIO SANZ:
27: Patinaxe
29 : Tenis de mesa e patinaxe
30 : Tenis de mesa
31:Carreira de SAN SILVESTRE
Saída ás 16.45 h de onda a casa do concello.Información e inscricións na OMIX, no tel. 982 120 808 e en deportes@ribadeo.org
XOGOS EDUCATIVOS
NO TELECENTRO
Do 26 ao 4
De 4 anos en diante.
Tandas: 11.00 a 12.30 h
12.30 a 14.00 h
Prazas limitadas:inscricións no Telecentroe no tel. 982 120 732
COAS TÚAS MANS. OBRADOIROS NA PRAZA DE ABASTOS PARA PÚBLIICO INFANTIL
26 e 28 Ás 17.00 h
NADAL DE MAIORES E NEN@S. ACTIVIDADES INTERXENERACIONAIS NO CENTRO DE DÍA A CONCORDIA
Entre 6 e 12 anos.Prazas limitadas. Inscricións no tel. 982 120 407 antes do día 23.
27 OBRADOIRO DE POSTAIS DE NADAL De 11 a 12.30 h
2, 3 e 4 CANCIÓNS DE NADAL
De 15.30 a 16.30 h
5CONCERTO
TEATRO NO HERNÁN NAVAL
27 ARTESTUDIO presenta: VALADOS. 17.30H . 2 €
4 REDRUM presenta
MOITO CONTO 17.30 h , 2 € (teatro musical)
CINE NO TEATRO
29 ás 16.30 h, CONTO DE NADAL,
de Robert Zemeckis. Gratuíto con entrada.
XOGOS INTERCULTURAIS NO PAVILLÓN
Entre 5 e 12 anos
2 e 3 De 16.00 a 18.30 h
NADAL NA RÚA
22, 23 e 24 PAPÁ NOEL agasalla entradas para o cine do día 29
30 Chega desde as montañas do Courel…. o APALPADOR !!!!
2, 3 e 4 O CARTEIRO REAL recolle as cartas para os Reis.
5 CABALGATA DOS REIS MAGOS
RIBADEO SOLIDARIO: mercadiño de troco e concerto
CURSOS NA CASA DA MOCIDADE
Entre 11 e 16 anos. De 16.30 a 18.30 h
*Prazas limitadas. Inscricións no Telecentro e no teléfono 982 120 732
Do 27 ao 30 INICIÁMONOS NO CÓMIC
.
Precisades traer: cartabón, regra, un cartafol para gardar os traballos, bolis, lapis, portaminas, gomas de borrar.
3 DESEÑAMOS O NOSO ESTILO
Precisades traer unha prenda de roupa.
NA ESCOLA DE MÚSICA
2, 3 e 4 APRENDEMOS PERCUSIÓN CON REFUGALLO
Entre 11 e 16 anos. De 11.00 a 13.00 h
Precisades: botellas de plástico ou vidro baleiras, lapis sen punta, bolis sen tinta…calquera cousa coa que se poida percutir.
*Prazas limitadas. Inscricións no Telecentro e no teléfono 982 120 732























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



