Nota de prensa
Augas de Galicia limpeza das bacías de máis de 6 quilómetros de 6 cursos fluviais da Mariña lucense.
Medio Ambiente destinará 2,3 millóns euros para o período 2012-2013 nos novos contratos de limpeza da zona norte, centro e sur de Galicia-Costa
A XUNTA DE GALICIA INVESTIU MÁIS DE 83.000 EUROS NA LIMPEZA DE MÁIS DE 6 QUILÓMETROS DE CURSOS FLUVIAIS NA MARIÑA LUCENSE
- A Consellería de Medio Ambiente destinou un total de 1,6 millóns de euros, no período 2010-2011, nos contratos de limpeza de bacías das provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo
- As tarefas que se levaron a cabo tiveron por obxectivo potenciar os aspectos ambientais e estéticos do entorno fluvial mediante labores de limpeza, conservación e mantemento das zonas de servidume dos ríos
- Outra das labores realizadas por Augas de Galicia foi a inspección, alerta e previsión de enchentes dos ríos, co fin de manter as condicións naturais do ecosistema
Santiago, 17 de decembro de 2011.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e do organismo autónomo Augas de Galicia levou a cabo no período 2010-2011 a limpeza das bacías de máis de 6 quilómetros de 6 cursos fluviais da Mariña lucense. Augas de Galicia destinou uns 83.000 euros no acondicionamento da zona norte da Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa.
Cómpre engadir que a Consellería de Medio Ambiente investiu un total de 1,6 millóns de euros, no período 2010-2011, nos contratos de limpeza das bacías das provincias da Coruña, Pontevedra e Lugo.
As tarefas que se levaron a cabo tiveron por obxectivo potenciar os aspectos ambientais e estéticos do entorno fluvial mediante labores de limpeza, conservación e mantemento das zonas de servidume dos ríos, así como a mellora das zonas de acceso aos mesmos. As labores principais que se levaron a cabo foron:
- Limpeza de escombros, residuos sólidos das zonas de servidume e accesos
- Eliminación de obstrucións nos leitos provocadas por árbores caídas
- Reparación de muros de formigón, azudes e outras estruturas existentes que puideran resultar danadas por efecto das enchentes
- Reparación de vaos e pasos a nivel dos ríos
- Labores de conservación de áreas de descanso e pistas de acceso a leitos e servidumes de paso
- Preparación e colocación de sacos terreiros en defensas de marxes e prevención de desbordamentos
Outro dos labores realizadas por Augas de Galicia foi a inspección, alerta e previsión de enchentes dos ríos, co fin de manter as condicións naturais do ecosistema. Os ríos nos que se levaron a cabo as labores de limpeza na provincia de Lugo foron:
| RIO | CONCELLO | LONXITUDE (ml) | IMPORTE |
| RIO OURO | Alfoz | 1.542 | 12.405,83 |
| FIGUEIRIDO | Cervo | 17.796,76 | |
| VARIOS | Cervo | 31.132,22 | |
| BAOS | Lourenza | 280 | 415,59 |
| CARVALLO | Mondoñedo | 2.030 | 9.541,68 |
| LANDRO | Viveiro | 2.500 | 11.373,65 |
| TOTAL | 6.352ml | 82.665,73€ |
Contrato de limpeza de ríos 2012-2013
A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través de Augas de Galicia, investirá máis de 2,3 millóns de euros nas limpezas das bacías da zona norte, centro e sur da demarcación hidrográfica de Galicia-Costa para o período 2012-2013. Na zona norte destinaranse 858.785 euros, na zona centro serán 845.933 e na sur 609.704 euros. Os contratos terán unha vixencia de 24 meses.
A inversión prevista supón unha demostración do esforzo que está a realizar a Consellería de Medio Ambiente na conservación e recuperación do entorno fluvial do territorio galego, para así repercutir nun mellor aproveitamento dos lugares de lecer próximos aos ríos por parte dos veciños.






















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



