REFERENCIA / Nota de prensa
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Dic. (EUROPA PRESS) –
Membros do Goberno, representantes das institucións galegas e exdeputados reúnense na Cámara
SANTIAGO DE COMPOSTELA, 19 Dic. (EUROPA PRESS) –
Cando se cumpren 30 anos da sesión constitutiva do Parlamento de Galicia, o 19 de decembro de 1981, a presidenta da Cámara, Pilar Rojo, chamou a “afianzar a dimensión de servizo público do labor parlamentario, reivindicando a súa esencia democrática, libre, representativa e tolerante”. Así mesmo, fixo unha apelación á “actualización” desta institución.
“Nesta época de crise e de aparición de novas lexitimidades, conmemoramos esta data coa determinación de afianzar a dimensión de servizo público do labor parlamentario”, manifestou a xefa do Lexislativo autonómico no seu discurso durante a celebración do pleno solemne que serviu para pechar esta sesión na que non estiveron no hemiciclo a conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, e a deputada nacionalista Teresa Táboas. ( . . . )
Nota de prensa
O Secretario do Parlamento de Galicia, o mariñán Jose Manuel Balseiro, participou hoxe nos actos de celebración do triséximo aniversario da Cámara lexislativa galega. No seu actual emprazamento, o Pazo do Hórreo de Santiago de Compostela, tivo lugar o pleno solemne conmemorativo desta efeméride co obxectivo de reivindicar e poñer en valor o papel do Parlamento de Galicia ao longo dos 30 anos transcorridos desde a súa pirmeira sesión celebrada no Pazo de Xelmírez. Balseiro formou parte da foto de familia dos membros de Mesa do Parlamento cos expresidentes da Cámara, o presidente e os expresidentes da Xunta.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



