Nota de prensa
O ALCALDE REUNIRÁSE O MÉRCORES COS PAIS DOS NENOS QUE PARTICIPAN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS DA SD BURELA PARA EXPLICARLLES A DECICIÓN DO EQUIPO DE GOBERNO DE NON CONCEDER POLO MOMENTO SUBVENCIÓNS ÁS ASOCIACIÓNS CULTURAIS E AOS CLUBES DEPORTIVOS. GONZÁLEZ BARCIA SUBLIÑA QUE SE TRATA DUNHA MEDIDA TEMPORAL.
Burela, 2 de xaneiro de 2012. O alcalde, José María González Barcia, manterá o vindeiro mércores, 4 de xaneiro, un encontro cos pais dos nenos que participan nas escolas deportivas da SD Burla para explicarlles a decisión do equipo de goberno de non conceder polo momento subvencións ás asociacións culturais e aos clubes deportivos. O rexedor subliña que se trata dunha medida temporal que ven motivada pola situación económica na que se atopa o Concello.
González Barcia lembrou que “hai uns días anuncióuse desde o equipo de goberno que de momento non ía ser posible conceder ningún tipo de subvención para os clubes deportivos de Burela, tendo en conta a situación económica pola que está a atravesar o Concello a día de hoxe”. O rexedor dixo que “evidentemente ésta non unha decisión que nos guste, nin a min como alcalde, nin aos meus compañeiros, pero é unha decisión que hai que tomar porque o que non podemos facer é prometer o que logo non poderemos cumprir. E ante esto hai que ser serios e actuar con rigor”.
O alcalde burelés explicou que hai uns días mantivo un encontro co presidente da SD Burela “para explicarlle os motivos reais desta decisión, pero tamén para decirlle que si somos capaces de xenerar ingresos adicionais as asociacións culturais e os clubes deportivos recibirán axudas económicas, pero sempre en función desa posibilidade de xenerar ingresos adicionais”. José María González Barcia indicou que “os pais dos nenos que participan nas escolas deportivas da SD Burela queren ter unha xuntanza conmigo e a eles mesmos lles explicarei, coa mesma claridade que ao propio presidente, cales son as circunstancias que nos levaron a tomar esta decisión”. O encontro celebraráse pasado mañá, mércores, ás 19 horas no salón de plenos do Concello de Burela.
Barcia agarda que “sexa unha xuntanza constructiva, que queden as cousas perfectamente claras e se entendan aínda que non se compartan os motivos que nos levaron a tomar esa decisión. Tamén espero que a xente e os pais vexan nesto unha medida circunstancial, non é unha medida que quedará aí per secula seculorum, senón que a situación é a que é. E igual que non nos gusta ter parte do alumeado público apagado tampouco nos gusta tomar esta decisión”. O rexedor engadiu que “non podemos esquecer que nos atopamos cun presuposto do 2011 inflado en 800.000 euros e que os ingresos para o 2012 van baixar substancialmente e nunca serán os contemplados nos orzamentos do ano pasado. Apelando a ese realismo hai que ser consecuentes, actuar con seriedade e con rigor e decir as cousas claras, logo que a xente o comparta eso xa é cuestión de cadaquen, pero o que sí espero e confío é que entendan os motivos que, como dixen antes, nos levaron a tomar esta decisión que non é unha decisión para toda a lexislatura senón todo o contrario, é temporal e dependerá das perspectivas de ingresos que temos para o 2012”.





















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



