Nota de prensa
‘Proxecto Neo’, comeza un novo programa en Radio Burela
A radio local de Burela continúa aumentando a súa grella de programación e inclúe este novo programa semanal os mércores de 17 a 18 horas. Estará realizado polo equipo da Área de Innovación Educativa do IES Perdouro de Burela.
Proxecto NEO é o resultado da colaboración entre a área de Innovación Educativa do IES Perdouro e Radio Burela. Bernardo Penabade, docente no centro educativo de Burela será o director e conductor do novo programa. Penabade describe o espazo como o lugar no que se lle vai dar voz protagonista ós neofalantes, que son as persoas que se incorporaron á nosa cultura e que lle dan tanta vitalidade como os que a adquiriron na infancia, manifestan. No concello burelés, din dende o equipo de Proxecto Neo, é facil atopar exemplos de neofalantes “son persoas que viñeron de Valladolid, de Asturias, de Andalucía ou de Madrid, ou que viñeron de diversos países do mundo e chegaron aquí á Mariña e se integraron perfectamente“, comenta Bernardo Penabade. Tamén se inclúen neste grupo as persoas prodecentes das grandes cidades galegas e que foi cando chegaron a Burela cando se comezaron a desenvolver totalmente no idioma galego.
Dende Proxecto Neo, explican que os neofalantes existen en moitos lugares, pero o caso de Burela é mais destacado polas súas condicións sociolóxicas e de crecemento. Toda a xente recén chegada trouxo o seu contributo e fixo a súa aportación. No primeiro programa que se emite hoxe de cinco a seis da tarde a convidada será María Xosé Andión, coordinadora do Proxecto de Innovación Educativa ‘Modelo Burela’. Será un programa de presentación, no que se explicará cal vai ser a liña dos seguintes espazos. O seu obxectivo é rachar coas fronteiras e chegar a tódolos neofalantes galegos esparcidos polo mundo e que tamén contará coa comunicación cos oíntes a través das redes sociais.
Radio Burela aumenta así a súa oferta de programación e nos próximos meses continuaránse incorporando novos espazos, ademais da programación diaria de mañá, a tertulia deportiva os luns e o espazo musical dos xoves.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



