Nota de prensa
O GOBERNO MUNICIPAL DE CERVO ADOPTA MÁIS MEDIDAS PARA ECONOMIZAR E BUSCAR UNHA MELLOR EFICIENCIA NO CONSUMO ELÉCTRICO.
• ADECÚASE O GASTO ELÉCTRICO AOS TEMPO DIFÍCILES QUE ESTAMOS ATRAVESANDO COA DESCONEXIÓN DE DISTINTAS FASES ELÉCTRICAS E ALUMEADOS INTERURBANOS
• ELIMÍNANSE LUCES ORNAMENTAIS DE EDIFICIOS PÚBLICOS
• REDÚCESE UN 5% O GASTO EN CONSUMO ELÉCTRICO MUNICIPAL
O Goberno Local de Cervo continúa a traballar na liña de economizar e buscar unha mellor eficiencia no consumo eléctrico.
Hai que recordar que nestes últimos anos, xa se fixo:
– Investir máis de 300.000 € en distintas instalación de circuítos e luminarias de baixo consumo
– Asinouse un convenio coa Xunta de Galicia e a empresa Philips para a instalación de tecnoloxía “led” por uns 50.000 €.
Con estas dúas medidas o que se acadou foi un aforro mínimo, practicamente estancouse o gasto eléctrico e pouco máis, xa que por outra banda o aumento experimentado no prezo da luz nestes últimos anos foi máis que considerable, o que contrarrestou as nosas actuacións.
Agora dáse un paso máis, e vaise levar adiante unha terceira fase na que se está adecuando o gasto eléctrico aos tempos difíciles que estamos atravesando tanto os cidadáns como as administracións, para iso:
– Decídese desconectar distintas fases eléctricas, e os alumeados das zonas interurbanas tanto de Cervo como de Río Covo e San Ciprián, nestas últimas, algunhas fases xa non se conectan ao escurecer e outras desconéctanse a unha determinada hora da noite.
– Asemade, estase traballando na concienciación dos distintos departamentos do Concello para facer un mellor uso eléctrico, sobre todo nos edificios municipais, nos que incluímos os colexios de infantil e primaria sitos no noso municipio e que o Concello costea a súa factura.
– Tamén se eliminaron luces ornamentais de algúns edificios públicos.
Con todas estas medidas o Goberno Municipal de Cervo agarda poder aforrar en torno a uns 12.000 €, cantidade importante xa que supón, aproximadamente un 5% do gasto do consumo eléctrico total do Concello de Cervo.





















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.



