TODOS A XOGAR LEVA O EXERCICIO FÍSICO A 39 COLECTIVOS DA MARIÑA
Mulleres, nenos e nenas e colectivos de capacidades diferentes benefícianse deste programa de integración social a través do deporte
“Todos a Xogar” é un programa posto en marcha pola Área de Benestar Social e Deporte da Deputación de Lugo a través da Fundación Balogal e é totalmente gratuíto para os colectivos que participan e se benefician del
LUGO, 9 de xaneiro de 2012. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, deu conta esta mañá que “a comarca da Mariña acolle 39 accións do programa “Todos a Xogar”, accións que se desenvolven na práctica totalidade dos concellos da comarca e que pretende a integración social e educación en hábitos saudábeis de diferentes colectivos mariñaos”. Segundo explicou Veiga, “o programa “Todos a Xogar” alén de promover o deporte no conxunto da sociedade, tenta a integración daqueles colectivos nos que a práctica deportiva plantexa máis dificultades, e tamén pon en valor o deporte como elemento para combater a exclusión social”.
Neste sentido, segundo informou Antonio Veiga, vicepresidente e responsábel da Área de Benenestar Social e Deporte, “das 39 accións, 7 correspóndense coa liña “Eu tamén xogo no Breo”, 17 con “Non te retires, volta a xogar”, e 15 con “Obradoiro deportivo”, no que todas teñen en común que son impartidas, de xeito gratuíto, por monitores especializados en dúas horas semanais por colectivo.
A liña “Eu tamén xogo no Breo”, destinada a colectivos de capacidades diferentes, ten como obxectivo facer extensible a oferta de actividade física a grupos e as distintas asociacións e institucións de discapacitados da Mariña e colectivos concretos con risco de exclusión social. Algúns dos colectivos que participan son, entre outros, “Camiña”de Burela ou Cogami de Viveiro, desenvolvéndose as actividades nos concellos de Viveiro, Burela, Xove, Ribadeo e Foz.
Pola súa parte, na liña “Non te retires, volta a xogar” participan 17 colectivos e asociacións mariñás, nunha actividade que ten por eixo central proporcionar ao colectivo de persoas maiores un tipo de exercicio físico xerontolóxico, de baixa intensidade, e que promove un envellecemento activo. As sesións céntranse en mellorar a calidade de vida dos participantes traballando as súas capacidades condicionais básicas: flexibilidade, resistencia e forza, e tendo sempre en conta as particularidades individuais dos participantes e os seus problemas cognitivos ligados as enfermidades neurodexenerativas (Alzheimer ou Parkinson). Hai que ter en conta que a poboación maior de 50 anos representa na Mariña máis dun terzo, polo que é a liña do programa maioritaria.
Por último, hai tamén 15 colectivos que participan na liña de “Obradoiro deportivo”, directamente enfocada á promoción do deporte en idade escolar e a favorecer a adquisición de hábitos saudábeis desde idades temperás. Por esta razón, os inicios no deporte van ligados tamén ao xogo, aproveitando a visión da infancia da actividade física como algo divertido. Esta liña de actividade estase a desenvolver maioritariamente en colaboración coas ANPAS mariñás, que suman en total 15 colectivos espallados por case todos os concellos da comarca.
| Actividade | Nº de Asociacións |
| Eu tamen xogo no Breo | 7 |
| Non te retires, volta a xogar. | 17 |
| Obradoiro deportivo | 15 |
| Total Xeral | 39 |






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



