Nota de prensa
A CIG ENSINO CRITICA QUE A XUNTA DEIXE Á MARIÑA SEN NINGÚN CURSO DE LINGUA GALEGA
A Consellaría de Educación vulnera continuamente a Lei de Normalización Lingüística
A Mariña, 16 de xaneiro de 2012.- A CIG Ensino quere denunciar o trato discriminatorio que a Consellaría de Educación practica coa comarca da Mariña á hora de ofertar os cursos de lingua galega preparatorios para as probas dos niveis Celga 1, Celga 2, Celga 3 e Celga 4.
Segundo a orde publicada no DOG do 9 deste mes a Secretaría Xeral de Política Lingüística só oferta cursos de lingua galega de programación directa nas grandes cidades (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo) deixando a todas as persoas das demais comarcas e vilas sen a posibilidade de formarse no seu idioma. Estamos pois, segundo a CIG, diante doutro ataque directo ao galego pois negáselle a posibilidade de coñecelo e formarse nel a unha gran parte dos galegos e das galegas.
Ao mesmo tempo, a oferta dos cursos Celga en Galiza neste ano vese reducida en case un 30% con respecto ao ano pasado. No 2011, a Xunta ofertou 58 cursos de lingua galega nos distintos niveis mentres que este ano reduciuse a oferta a 45 cursos distribuídos só entre as cidades. O ano pasado en Lugo ofertáronse 9 cursos distribuídos entre a capital e as comarcas mentres que este ano ofertáronse 4 e só en Lugo capital. Polo tanto, a redución na nosa provincia foi de máis do 60%. Na Mariña o ano pasado houbo un Curso de Celga 4 en Ribadeo (no IES Porta da Auga) e outro de Celga 3 en Viveiro (no IES María Sarmiento) mentres este ano non se oferta ningún.
Por todo isto a CIG é consciente que a Xunta do PP está utilizando a súa falsa política de austeridade para ir reducindo as axudas e as iniciativas a prol do uso e o coñecemento do noso idioma nun momento no que todos os estudos científicos indican que o galego está reducindo o seu espazo lingüístico na sociedade. Ademais, con estas actuacións por parte da Consellaría de Educación e a Secretaría Xeral de Política Lingüística estase vulnerando o Plan xeral de normalización da lingua galega, aprobado por unanimidade no Parlamento de Galicia o día 22 de setembro de 2004, e que contén, entre outras, varias medidas dirixidas aos adultos e á sociedade, encamiñadas a renovar a política lingüística con respecto ao uso do galego, adecuándoa aos tempos actuais, co fin de equilibrar unha situación social de desigualdade entre ambos os dous idiomas, o que exixe medidas favorables ao galego para alcanzar ese equilibrio. Da mesma maneira, vulnerase a Lei de normalización lingüística, onde se deixa claro que o dereito de coñecer e usar a lingua oficial de Galicia non estaría garantido se os cidadáns non tivesen a posibilidade de aumentar (ou iniciar, se é o caso) o coñecemento e o dominio da lingua propia de Galicia.
A CIG Ensino vai a facer unha reclamación formal diante da Consellaría de Educación para que non se reduza e se amplíe a oferta de cursos de lingua galega e se distribúan de forma equitativa por todo o pais, así como solicitar polo menos dous cursos Celga para a comarca da Mariña pois temos os mesmos dereitos a formarnos no galego que os que viven nas cidades.






















De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



