Nota de prensa
O CONCELLO DE RIBADEO ADXUDICOU EN 300 EUROS AS SEIS RESES EQUINAS MOSTRENCAS QUE FORON SUBHASTADAS ESTA MAÑÁ .
Ribadeo, 17 de xaneiro de 2012. O Concello de Ribadeo adxudicou en 300 euros as seis reses equinas mostrencas na poxa pública celebrada esta mañá no salón de sesións, segundo ven de informar o concelleiro de Facenda e Medio Rural, Vicente Castro.
O edil nacionalista explicou que “á subhasta só se presentou un comprador e o último lote de seis cabalos, apreixados hai semanas polo Concello, adxudicóuse por 300 euros. É dicir por cada res pagou 50 euros, tal e como xa ocorrira na poxa do pasado 16 de decembro”. Castro lembrou que “os cartos recaudados non cubren os gastos de coste que para o Concello tivo a captura e a alimentación destas reses durante todos estes días, pero canto máis tempo as tivésemos o gasto aínda sería maior”.
En total foron 13 as reses equinas mostrencas capturadas polo Concello a finais do ano pasado tras as queixas realizadas por varios particulares sobre os danos que estaban a causar nos cultivos en varias parroquias de Ribadeo. Durante unhas semanas, á espera de que os seus propietarios as reclamasen, o Concello fíxose cargo dos animais nun curro habilitado para ese fin e unha vez cumpridos os prazos establecidos procedéuse á súa subhasta.
A de hoxe foi a segunda poxa pública deste tipo que ten por escenario a Casa do Concello.























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



