Nota de prensa
XXIIIª TIRADA DE BOLOS – XIIª SUB 16 – IIIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2011/2012)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
INCIDENCIAS DA 11ª TIRADA
(CLUB DE PALMEIRO – Sábado, 21 xaneiro de 2011)
| CAMPEONATO DE BOLOS DE CLUB PALMEIRO (21 XANEIRO 2012 ) 30 INSCRITOS: 16 NA LIGA SENIOR, 7 NA LIGA SUB 16 E 7 NA LIGA FEMININA | |||
| CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
| LIGA SENIOR | |||
| PRIMEIRO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 231 | 12 |
| SEGUNDO | ARTURO VIGO CASABELLA | 230 | 10 |
| TERCEIRO | SÓCRATES CAMPO SUÁREZ | 226 | 8 |
| CUARTO | OMAR CABRERA MACÍAS | 226 | 7 |
| QUINTO | FÉLIX MÉNDEZ GALDO | 224 | 6 |
| SEXTO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 213 | 5 |
| SÉTIMO | CÉSAR CANCELO LÓPEZ | 209 | 4 |
| OITAVO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 207 | 3 |
| NOVENO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 201 | 2 |
| DÉCIMO | JORDI MEITÍN SERANTES | 193 | 1 |
| MELLOR BOLADA | FÉLIX MÉNDEZ GALDO | 94 | 1 |
| LIGA SUB 16 | |||
| PRMEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 141 | 6 |
| SEGUNDO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 114 | 4 |
| TERCEIRO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 112 | 3 |
| CUARTO | GONZALO FERNÁNDEZ SILVA | 94 | 2 |
| QUINTO | CRISTOBAL RIVAS CAMPO | 84 | 1 |
| MELLOR BOLADA | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 59 | 1 |
| LIGA FEMININA | |||
| PRMEIRO | DOLORES BAÑO FRAGA | 111 | 6 |
| SEGUNDO | BELÉN MEITÍN ROUCO | 110 | 4 |
| TERCEIRO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 98 | 3 |
| CUARTO | MARISA CASABELLA FERNÁNDEZ | 96 | 2 |
| QUINTO | CARMEN ROCA CORRAL | 81 | 1 |
| MELLOR BOLADA | CARMEN ROCA CORRAL | 56 | 1 |
-Tarde moi agradable e campo en perfectas condicións. 30 inscritos, 16 na Liga Senior e 7 na Liga Feminina e 5 na Liga Sub 16.
Liga Senior Masculina.- Victoria de José Rafael, iso sí, moi apretada con respecto aos seguintes clasificados, dado que dos dez primeiros, nove pasaron dos douscentos tantos. Os tanteos foron moi altos porque, ademáis de tratarse dun campo liso e duro (asfalto), estreamos madeira nova (bolas e bolos), e tanto os bolos como as bolas corrían moi ben. A victoria de Rafa permítelle reducir distancias co segundo clasificado, e con 54 puntos só está a dous puntos de Francisco Pérez (56 puntos). Líder, unha semana máis, e ampliando a súa vantaxe, Arturo Vigo, quen a falla de 7 tirada e con 91 puntos, 35 máis que o seu inmediato perseguidor, vai disparado cara o seu undécimo título. Por detrais, César Cancelos e Omar Cabrera con 42 puntos, Sócrates Campo con 42 e Luis Rancaño con 41 manteñen as súas opcións de optar aos postos de cabeza (segundo ou terceiro posto), dahí que se presente un tramo final do campeonato moi disputado, con moitos xogadores pugnando por alcanzar os postos de privilexio.
Liga Senior Feminina.- Nesta categoría aprétase máis a cabeza despois desta tirada, xa que Dolores Baño (gañadora = 6 puntos) e Belén Meitín (segunda = 4 puntos) recórtanlle diferenzas á líder, que sigue e ser Carmen Roca con 45 puntos, só dous máis que Dolores Baño (43) e catro máis que Belén Meitín (41). Xa moi distanciadas Concepción Piñeiro con 15 e Leonor Casabella con 12. Queda claro que o podium final nesta categoría vai estar entre estas tres xogadoras, Carmen, Dolores e Belén, moi superiores ao resto.
Liga Sub 16.- Aquí a líder Salomé Rodríguez sigue mantendo un forte pulso co Daniel López e co seu irmán Isaias Rodríguez. A victoria de Daniel permítelle acortar distancias con Salomé, situándose agora a só 8 puntos (Salomé 53 e Daniel 45). O terceiro en discordia, Isaias ten 42 puntos, co cal inda mantén intactas as súas opcións para súa primeira victoria final. Salientamos de Isaias os 59 puntos obtidos como mellor bolada nesta tirada, o que lle permitirá optar ao premio á mellor bolada da temporada nesta Liga Sub 16, que por agora é esta de Isaias.
A vindeira tirada terémola o SÁBADO 28 DE XANEIRO NO CENTRO SOCIAL DE PENASAGUDAS, EN SAN ISIDORO DE MONTE.























Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
