Nota de prensa:
A XUNTA CONCRETA UNHA PARTIDA DE PRETO DE 100.000 EUROS PARA O MANTEMENTO DE SEIS ESCOLAS INFANTÍS E PUNTOS DE ATENCIÓN Á INFANCIA DEPENDENTES DE CONCELLOS DA MARIÑA
As achegas, concedidas pola Consellería de Traballo e Benestar, forman parte da colaboración para o mantemento destas dotacións xestionadas polos entes locais
Lugo, 3 de febreiro de 2012.- A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Traballo e Benestar, achega unha partida económica de preto de 100.000 euros (94.727 euros) a seis escolas infantís de 0 a 3 anos e Puntos de Atención á Infancia (PAI) dependentes de outros tantos concellos da Mariña.
Estas axudas, cuxa comunicación ven de facerse pública logo da publicación no DOG, representan un importante apoio a mantemento destas dotacións que son xestionadas directamente polos distintos concellos e forma parte da habitual colaboración entre a Administración autonómica e os entes locais para o desenvolvemento de distintos servizos sociais.
No que respecta á comarca da Mariña, os centros beneficiados son: as escolas infantís de Barreiros, Viveiro e Xove e os Puntos de Atención Continuada que xestionan os consistorios de Cervo, Lourenzá e O Vicedo.
De xeito concreto, as dotacións distribúense da seguinte maneira: 26.078 euros, para o mantemento da escola infantil de Barreiros; 25.780 euros, para o centro de Viveiro; 12.187 euros, para a dotación do municipio de Xove, e senllas achegas de 10.227 euros para o caso dos centros dependentes dos consistorios de Cervo, Lourenzá e O Vicedo.
Esta actuación inscríbese na aposta da Xunta de Galicia polas prazas en escolas infantís de 0 a 3 anos. De feito, no que vai de lexislatura lévanse creado máis de 2.100 prazas públicas en toda a Comunidade Autónoma.



















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



