ADEGA DEMANDA QUE A NOVA LEI DE MONTES IMPIDA O CAMBIO DE USO E AS TALAS A FEITO DAS FRAGAS
Lugo, a 06 de febreiro de 2012.- Parte da gran degradación paisaxística, biolóxica e cultural que estamos a sufrir no país é debida ás permisivas normativas forestais que ao longo dos anos favoreceron a destrución total ou parcial de grandes e pequenas superficies de carballeiras e outras masas forestais autóctonas, que logo mudaron de uso ou foron transformadas en plantacións de piñeiros ou eucaliptos.
Desde ADEGA preocúpanos que a futura lei de montes de Galiza, que está a punto de ser debatida no Parlamento Galego, siga permitindo estas desfeitas. Tanto na regulación actual como na futura lei, nos seus artigos 60 e 67, continúase a permitir a repoboación con piñeiros (non así con eucaliptos), tras a tala de fragas ou masas forestais autóctonas. Porén, entendemos que a nova normativa debera garantir a conservación e a rexeneración natural das masas autóctonas obrigando a manter as zonas taladas de bosque autóctono con especies frondosas e prohibindo a súa substitución por piñeiros e eucaliptos.
Para ADEGA tamén é preocupante que este proxecto de lei siga permitindo a corta a feito destas masas forestais sen establecer ningún tipo de condicionante ou limitación clara e obxectiva para favorecer a conservación e o fomento dos bosques frondosos. ADEGA demándalle ao goberno que a nova normativa impida a corta a feito de calquera carballeira e que, como alternativa, prime as entresacas selectivas ou rareos, co obxectivo de non afectar gravemente nin ao solo, nin a biodiversidade, nin a paisaxe ligada a estes bosques.
Así mesmo, demandamos máis vixilancia das zonas nas que se están a outorgar permisos de cortas, dado que a meirande parte de propietarios están a talar os bosques de frondosas para logo repoboalos con eucalipto, algo que xa está expresamente prohibido polo Decreto 81/1989 sobre medidas de ordenación das novas plantacións co xénero eucaliptus. Pese a esta prohibición con rango de lei e os numerosos casos denunciados por ADEGA ante a Consellaría competente, a Xunta non está a castigar como corresponde este tipo de infraccións nin tampouco amosa vontade para aplicar este regulamento que é de obrigado cumprimento.
Por todo o dito, ADEGA pídelle á Consellaría de Medio Rural e ao goberno galego no seu conxunto que amosen realmente vontade de preservar as masas forestais propias do país limitando as cortas a feito, prohibindo a súa substitución por especies de rápido crecemento e facendo cumprir a lexislación que xa está en vigor neste senso.






















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



